EnerBioAlgae
O proxecto EberBioAlgae (Aproveitamento enerxético da biomasa en recursos hídricos degradados ricos en microalgas) encádrase dentro do Programa Operativo de Cooperación Territorial do Sudoeste Europeo 2007-2013 (SUDOE) e conta cun orzamento de 666.731,99 euros, do cales un 75% financiase mediante fondos FEDER e o 25% mediante achegas dos socios participantes no proxecto. Desenvolverase durante os anos 2011 e 2012.

- OBXECTIVOS
-
- Refinar o sistema de produción de biomasa procedente de algas con fins enerxéticos, para mellorar o rendemento dos cultivos.
- Desenvolver os aspectos metodolóxicos, técnicos, económicos e medioambientais. avanzando no potencial enerxético das microalgas.
- Identificar e explotar recursos hídricos degradados con elevada carga inorgánica e potencial enerxético. A área de actuación sitúase en Galicia (España) e Aveiro (Portugal).
- Desenvolver tecnoloxías de instrumentación para o seguemento e control on-line de cultivos enerxéticos, mediante un sistema baseado no emprego de tecnoloxía LIDAR e algoritmos de recoñecemento de patróns que permitan coñecer o estado do cultivo en todo momento.
- Optimizar a calidade do biodiesel obtido a partir de microalgas (cumpriendo a normativa europea) para estimular o investimento público e privado.
- Avaliar e demostrar a viabilidade técnica, económica e medioambiental das tecnoloxías desenvolvidas e do proceso posto a punto.
- PARTICIPANTES
-
- ESPAÑA: Universidade de Vigo, Universidade de Almería, Inega
- PORTUGAL: Universidade de Aveiro
- FRANCIA: Universidade de Pau et Pays de l´Adour e Centre national de la recherche scientifique (CNRS)
- TAREFAS
-
O plan de traballo deste proxecto estrutúrase en sete Grupos de Tarefas (GT's).
Tres posúen un carácter transversal, con aplicación ao conxunto do proxecto:
- GT 1. Xestión e coordenación.
- GT 6. Seguimento e evaliación.
- GT 7. Publicidade, información e capitalización.
Catro grupos de tarefas son propias e específicas de EnerBioAlgae:
- GT 2. Localización de recursos. Identificación e caracterización da cepa.
- GT 3. Monitorización on-line de cultivos.
- GT 4. Caracterización da biomasa e procesos de biocombustibles.
- GT 5. Demostración da viabilidade técnica, económica e ambiental.