Lorenzana e o alcalde de Moraña abordan as necesidades enerxéticas do Concello
Lorenzana e o alcalde de Moraña abordan as necesidades enerxéticas do Concello
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo esta semana en San Caetano un encontro co alcalde de Moraña, José Luís Gómez, no que analizaron a situación industrial deste municipio pontevedrés e as súas necesidades en materia enerxética.
Na reunión, a conselleira lembrou a importancia de contar cunhas infraestruturas adecuadas para o desenvolvemento das empresas. Neste sentido, sinalou que o Goberno galego, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), continúa a reforzar as redes para a subministración eléctrica dos concellos galegos.