Lorenzana lembra a importancia de que a planificación eléctrica sexa máis flexible para que a nova demanda industrial non teña que agardar
Lorenzana lembra a importancia de que a planificación eléctrica sexa máis flexible para que a nova demanda industrial non teña que agardar
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, lembrou hoxe a importancia de que a planificación eléctrica sexa máis flexible para que a nova demanda industrial non teña que agardar anos a que se actualice.
En resposta a unha pregunta oral no Pleno do Parlamento, Lorenzana apuntou que esa flexibilidade é importante para que “cando un proxecto chega non teña que agardar á seguinte planificación, senón que esta poida acomodarse ás necesidades que ten a industria e o territorio”. Nese sentido, avogou tamén por que vaia acompasada ao desenvolvemento de solo industrial en cada comunidade autónoma.