01/03/2022
- Cun orzamento de 2M€, axudará a 13.000 familias a renovar os electrodomésticos dos seus fogares e aforrar 540.000 euros na factura eléctrica.
- O período de solicitudes para os interesados abrirase o vindeiro 23 de marzo.
- Os consumidores con máis dificultades terán unha intensidade de axuda superior que pode chegar ao 75% do custo e ata 450€ por aparello.
- Con esta iniciativa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación preténdese apoiar as familias galegas nun momento de elevada inflación dos produtos enerxéticos, á vez que se dinamiza o sector comercial.
15/02/2022
- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou hoxe nun novo encontro do grupo de traballo centrado en tecnoloxía e innovación, mantendo o compromiso de que calquera proxecto deberá ser compatible coas actividades xa existentes.
07/02/2022
- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a instalación xeotérmica do campus de Ourense.
- Apunta que as novas instalacións do campus de Ourense, que mobilizaron máis de 925.000 euros, contan co apoio da Xunta a través dunha orde de axudas que abriu especificamente para impulsar a eficiencia enerxética nas universidades públicas de Galicia.
- En total, nestes dous anos, entre 2021 e 2022, esta liña de apoios vai sumar investimentos por importe de 10M€.
- Lembra que a Xunta vai seguir traballando por unha Galicia máis verde que ten que vincularse co desenvolvemento das enerxías renovables.
19/01/2022
- Os apoios da Vicepresidencia económica, a través do Inega, favorecerán a mobilización de3,75 millóns de euros e a creación de 37 empregos.
- Os particulares que queiran beneficiarse destas axudas poderán solicitalas a partir do 1 de marzo.
- A instalación dunha caldeira de biomasa supón reducir á metade o gasto con respecto ao gasóleo e un 30% fronte ao gas natural.
- Desde 2014, a Xunta ten colaborado na colocación de 8000 caldeiras nos fogares galegos.
18/01/2022
- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá as instalacións de Breogán Motor en Oleiros, unha das entidades que participa na convocatoria.
- As axudas, que abriron onte o prazo de solicitude, destinan 2,5M€ á adquisición de vehículos eficientes por parte de particulares, autónomos e empresas.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 26M€, así como un aforro enerxético anual equivalente a 274.000 litros de gasóleo.
17/01/2022
- Cun orzamento de 2,5M€, as axudas poden chegar a 4600 euros por vehículo no caso de familias numerosas.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 26M€, así como un aforro enerxético anual equivalente a 274.000 litros de gasóleo.
04/01/2022
- Os galegos e galegas poderán pedir os apoios, de ata 4600 euros por vehículo no caso de familias numerosas, a partir do 17 de xaneiro.
- As axudas poderán aplicarse aos vehículos adquiridos desde o pasado 1 de xaneiro.
- O Goberno autonómico impulsará con este programa a compra de ao redor de 1100 vehículos eficientes que permitirán aforrar en Galicia 300.000 euros ao ano na mobilidade de particulares, empresas e autónomos.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 26 millóns de euros, así como un aforro enerxético anual equivalente a 274.000 litros de gasóleo.
14/12/2021
- A través dun investimento de 17,2M€, a Xunta espera chegar a 3000 beneficiarios e crear ao redor de 300 empregos.
- Os apoios contribuirán á redución dos custos enerxéticos nun momento de continua escalada de prezos na factura de fogares e tecido empresarial, ademais de xerar emprego e favorecer unha mellora ambiental no obxectivo de contar cunha Galicia cada vez máis verde.
- Estas novas liñas de axudas súmanse ás dirixidas ao autoconsumo e almacenamento enerxético en empresas, polo que o orzamento total co que conta Galicia ascende a 37 millóns de euros.
09/12/2021
- O Goberno autonómico apoiará con este programa a adquisición de máis de 1000 vehículos eficientes que permitirán aforrar en Galicia 300.000 euros ao ano na mobilidade de particulares, empresas e autónomos.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 26 millóns de euros, así como un aforro enerxético anual equivalente a 274.000 litros de gasóleo.
- Os galegos e galegas poderán solicitar as axudas, que poden chegar a 4600 euros por vehículo no caso de familias numerosas, a partir do 17 de xaneiro.
29/11/2021
- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, reuniuse esta mañá con representantes do organismo para avanzar na constitución desta ferramenta que axudará a consolidar á Comunidade como polo enerxético innovador.
- O Goberno galego recibiu este ano 54 propostas na manifestación de interese que dirixiu a iniciativas asociadas á cadea de valor industrial do hidróxeno renovable para identificar os seus potenciais usos.
- A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Instituto Enerxético de Galicia, convocará o vindeiro ano unha nova liña de axudas para colaborar en proxectos con aplicacións industriais que favorezan o uso desta tecnoloxía.