INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Novas

Novas

O PROGRAMA RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS DA XUNTA DE GALICIA XA RECIBIU MÁIS DE 7700 SOLICITUDES NAS TRES PRIMEIRAS SEMANAS

11/05/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou hoxe en Lalín as instalacións de Tien21, un dos 500 establecementos adheridos á iniciativa.
- As persoas interesadas en obter descontos de entre 100 e 450 euros na compra de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas ou placas de cociña aínda poden solicitar estes apoios a través das entidades colaboradoras.
- Prevese a mobilización directa de 10,5 millóns de euros, así como unha redución de emisións de CO2 equivalente á acción de 60.000 árbores e a creación ou mantemento de 150 empregos.

OS CIDADÁNS PODERÁN SOLICITAR DESDE MAÑÁ AS AXUDAS DO PROGRAMA RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS COAS QUE A XUNTA PREVÉ CHEGAR A 20.000 FOGARES GALEGOS

19/04/2021

- Os cidadáns poderán solicitar desde mañá as axudas do programa Renove Electrodomésticos coas que a Xunta prevé chegar a 20.000 fogares galegos.
- A convocatoria da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación facilitará a renovación de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras a través dun orzamento de 3M€, un 70% máis que na edición anterior.
- As solicitudes tramitaranse a través de entidades colaboradoras –nestes momentos xa se adheriron preto de 400– e presentaranse por medios electrónicos.
- Enmarcado no Plan de axudas ao comercio galego, favorecerá a mobilización directa de 10,5 millóns de euros, así como unha redución de emisións de CO2 equivalente á acción de 60.000 árbores, aforros de 560.000 euros anuais na factura enerxética e a creación ou mantemento de ao redor de 150 empregos.

Prestarase especial atención ás familias vulnerables, que na convocatoria anterior xa recibiron o 40% do importe das axudas

A XUNTA AXUDARÁ A 1000 PEMES E AUTONÓMOS DO COMERCIO, HOSTALERÍA E ACTIVIDADES ARTÍSTICAS, RECREATIVAS E DE ENTRETEMENTO A MELLORAR AS SÚAS INSTALACIÓNS ENERXÉTICAS

08/04/2021

- No marco do Plan de axudas ao sector comercial galego, o Goberno autonómico aproba o novo Bono Enerxía Peme e Comercio, que conta cun orzamento de 3M€ para os sectores máis afectados polas restricións derivadas da pandemia.
- As axudas, cunha intensidade do 80%, serán de ata 6000 euros por centro de traballo e o prazo de solicitude comeza o 14 de abril.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 5M€, así como unha redución do consumo de 3000 MWh/ano e de 300.000 euros na factura enerxética, ademais da creación ou mantemento de ao redor de 70 empregos.
- O programa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación permitirá a mellora de envolventes, da iluminación e das instalacións eléctricas, a renovación de equipos, a climatización e a presenza de sistemas domóticos e inmóticos para optimizar a xestión enerxética de pemes e autónomos.
- Esta nova medida para a reactivación económica súmase a iniciativas para incentivar o consumo, como o Bono Activa Comercio, con descontos de 30 euros para os clientes, e o programa Renove Electrodomésticos.

CONDE DESTACA QUE AS OBRAS LEVADAS A CABO POLA UDC E A XUNTA EXEMPLIFICAN A IMPORTANCIA DE TOMAR A INICIATIVA PARA AFIANZAR A CULTURA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA

05/04/2021

- Son un total de seis actuacións nos campus da Coruña e Ferrol que contan cun investimento de 2,75M€ e que permitirán aforros enerxéticos equivalentes ao consumo anual de 10.000 fogares.
- Os traballos consisten na substitución dos puntos de iluminación por tecnoloxía LED, a instalación de bombas de calor ou mellora dos sistemas de calefacción e de envolventes térmicas nos edificios, a instalación de sistemas fotovoltaicos ou de telexestión.
- Enmárcanse na orde de axudas activada polo Goberno galego para impulsar o uso de enerxías renovables nas universidades galegas.

MAÑÁ ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DO PROGRAMA RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS DA XUNTA PARA AS ENTIDADES COLABORADORAS

29/03/2021

- A convocatoria, enmarcada no Plan de axudas ao comercio galego, conta cun orzamento de 3M€ e prevé chegar a 20.000 fogares.
- Con esta iniciativa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, facilitarase a renovación de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 10,5 millóns de euros, así como unha redución de emisións de CO2 equivalente á acción de 60.000 árbores, aforros de 560.000 euros anuais na factura enerxética e a creación ou mantemento de ao redor de 150 empregos.
- Prestarase especial atención ás familias vulnerables, que na convocatoria anterior xa recibiron o 40% do importe das axudas.

A XUNTA DESTINA 3M€ PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS EN 20.000 FOGARES GALEGOS

26/03/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, presentou a convocatoria, enmarcada no Plan de axudas ao comercio galego, que o vindeiro martes abrirá o prazo de adhesión de establecementos.
- Con esta iniciativa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, facilitarase nos fogares galegos a renovación de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 10,5 millóns de euros, así como unha redución de emisións de CO2 equivalente á acción de 60.000 árbores, aforros de 560.000 euros anuais na factura enerxética e a creación ou mantemento de ao redor de 150 empregos.
- Prestarase especial atención ás familias vulnerables, que na convocatoria anterior xa recibiron o 40% do importe das axudas.
- O programa forma parte do Plan de axudas ao comercio galego que a Administración autonómica vén de activar.

O CAMBIO DE HORA DESTA FIN DE SEMANA SUPÓN UN AFORRO ENERXÉTICO PRÓXIMO AO 0,4% NO CONSUMO ELÉCTRICO EN GALICIA

26/03/2021

- A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano.
- O uso de iluminación de baixo consumo, unha correcta climatización das vivendas, ou a instalación de sensores que regulen a luz artificial poden diminuír ata un 35% o consumo enerxético anual nos fogares galegos.

A XUNTA RATIFICA O SEU COMPROMISO CUNHA GALICIA VERDE NO DÍA MUNDIAL DA EFICIENCIA ENERXÉTICA

05/03/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá a instalación fotovoltaica do complexo administrativo de San Lázaro.
- As actuacións levadas a cabo no recinto permiten reducir un 15% o consumo eléctrico ao ano, así como o aforro de 50.000 euros na factura enerxética.
- Destaca a boa resposta dos particulares ás liñas de axudas abertas esta semana en materia de renovables térmicas e fotovoltaica e lembra que segue aberto o prazo para os apoios dirixidos aos sectores industrial e de servizos.
- En apenas horas, cubriuse o crédito de 5,1M€ para autoconsumo e renovables nos fogares.

A XUNTA APOIARÁ ESTE ANO 1.600 PROXECTOS DA ENERXÍAS RENOVABLES NOS FOGARES GALEGOS CO OBXECTIVO DE CONSEGUIR AFORROS ECONÓMICOS DE 900.000 EUROS ANUAIS

25/01/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, presentou está mañá, na sede do Inega en Santiago, as convocatorias de enerxías renovables e fotovoltaica dirixidas a particulares e comunidades de veciños cuxo prazo de solicitude se abrirá en marzo.

- Os apoios mobilizarán 13,5 M€, crearán 140 postos de traballo e permitirán reducir as emisións o equivalente á acción de 250.000 árbores.

- O Goberno galego xa abriu o prazo de solicitude das axudas de enerxías renovables e eficiencia enerxética dirixidas a empresas e autónomos dos sectores agrícola primario, industria e servizos.

MÁS DE 20 MILLONES DE EUROS PARA LA PRIMERAS CONVOCATORIAS DE AYUDAS A LA INVERSIÓN EN INSTALACIONES DE PRODUCCIÓN DE ENERGÍA TÉRMICA Y ELÉCTRICA CON RENOVABLES

17/12/2020

- Las ayudas, cofinanciadas con Fondos de la Unión Europea, están gestionadas por el IDAE y deben de ser solicitadas a través de su sede electrónica.

- Estas convocatorias se inscriben en la Línea de Ayudas que, dotada con 316 millones de euros, ha puesto en marcha MITECO para impulsar las instalaciones de renovables en todo el territorio nacional.

- Las ayudas, a fondo perdido, se rigen por el principio de concurrencia competitiva con el objetivo de optimizar al máximo la aplicación de las mismas y están cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional.

- Las convocatorias han sido elaboradas en colaboración con el INEGA y la Xunta de Galicia.
 

|< <<< << 4 5 6 7 8 >> >>> >|