Lorenzana e o alcalde de Ribadeo abordan a mellora da eficiencia enerxética do municipio lucense
Lorenzana e o alcalde de Ribadeo abordan a mellora da eficiencia enerxética do municipio lucense
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, con quen abordou a posibilidade de abrir novas vías de colaboración entre ambas administracións que redunden na mellora da calidade de vida da veciñanza desde municipio da costa lucense.
Máis polo miúdo, Lorenzana e Vega analizaron a posibilidade de desenvolver proxectos de mellora da eficiencia enerxética no concello ribadense, para o que ofreceu as axudas e subvencións das que dispón a Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).