Lorenzana salienta o apoio da Xunta ao concello de Pontedeva con preto de 670.000 euros para a mellora do seu parque empresarial

Lorenzana salienta o apoio da Xunta ao concello de Pontedeva con preto de 670.000 euros para a mellora do seu parque empresarial

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do municipio, Juan Carlos González

Pontevedra, 29 de maio de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe co alcalde de Pontedeva, Juan Carlos González, con quen abordou os apoios da Xunta para o desenvolvemento e mellora do parque empresarial de Trado.

Neste sentido, Lorenzana lembrou que entre os anos 2012 e 2024, o Goberno galego concedeu axudas por importe de case 670.000 euros para a habilitación e mellora das infraestruturas deste polígono ourensán.

Ademais, a conselleira tamén lle trasladou o compromiso da Xunta cos concellos e co tecido empresarial galego, toda vez que a estratexia do Executivo autonómico pasa por facilitar o asentamento de novas empresas en Galicia e ampliar as que xa están instaladas, e por desenvolver solo industrial nos concellos que teñen necesidade e onde as empresas están esperando para poder asentar as súas industrias. Trátase de ter un desenvolvemento industrial homoxéneo en toda a Comunidade.

Últimas novas