Rueda destaca o gran potencial de Galicia en enerxías renovables e aposta por aproveitalo dun xeito sustentable

Rueda destaca o gran potencial de Galicia en enerxías renovables e aposta por aproveitalo dun xeito sustentable

Resalta que a nosa comunidade é un referente na produción de enerxía hidráulica e eólica

Vilamartín de Valdeorras (Ourense), 31 de xaneiro de 2025

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou o potencial co que conta Galicia á hora de producir enerxías renovables e aposta por aproveitalo dun xeito sustentable.

Durante a visita á central hidroeléctrica que Iberdrola ten en funcionamento en Vilamartín de Valdeorras, en activo desde 1969, Rueda apuntou a que Galicia leva moito tempo traballando pola transición verde “con sentidiño”, dun xeito sustentable.

Para o presidente, este é o camiño a seguir, “da man das empresas” e dos concellos, co fin de constatar os beneficios económicos e sociais da produción enerxética grazas a proxectos respectuosos co medio ambiente que xeran emprego e axudan a vertebrar o territorio.

Últimas novas