A Xunta compromete o apoio do administración galega para incrementar o peso da xeotermia no mix enerxético

Santiago, 27 de xuño de 2025
O secretario xeral Industria e desenvolvemento enerxético, Nicolás Vázquez, clausurou esta mañá a gala de entrega dos III Premios á divulgación e á promoción da xeotermia, que promove a Asociación Clúster da xeotermia galega (Acluxega). Nela abondou no papel que ten que asumir o sector para incrementar o peso da xeotermia no mix enerxético nun momento de transición como o actual. E ao fío, reiterou o apoio que o Goberno galego “seguirá prestando neste proceso de transformación con apoios para este tipo de instalacións e a promoción de iniciativas e actuacións que permitan desenvolver esta tecnoloxía na comunidade”.
O secretario xeral de Industria e desenvolvemento enerxético tamén aproveitou a súa presenza na gala para recoñecer o traballo de Acluxega e para felicitar aos promotores dos proxectos premiados na edición deste ano: a nova sede da Corporación Hijos de Rivera e a Bodegas Viña Mein, na categoría empresarial/industrial; na categoría residencial, a Urbanización Paraíso Oleiros e á Residencia de Maiores San Marcos Raiola; o Hotel Praza Obradoiro, na sección de rehabilitación e, finalmente na categoría de construción/rehabilitación singular, as iniciativas da Parroquia Virgen del Camino e Foricultura Toxal.