A Xunta destaca o papel da muller na posta en marcha de proxectos innovadores no sector do hidróxeno

A Xunta destaca o papel da muller na posta en marcha de proxectos innovadores no sector do hidróxeno

Oleiros (A Coruña), 14 de febreiro de 2025

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, destacou hoxe que cada vez máis mulleres están liderando proxectos innovadores no sector do hidróxeno, de xeito que contribúen ao seu desenvolvemento co seu talento, creatividade e visión estratéxica. 

Margarita Ardao participou no acto Muller e ciencia no futuro do hidróxeno celebrado con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, onde sinalou que o hidróxeno é unha peza fundamental para a descarbonización da economía galega e española e subliñou o seu potencial para transformar os sectores industriais, o transporte e a xeración de enerxía.

Últimas novas