A Xunta destaca que os certificados de aforro enerxético incentivan o investimento en tecnoloxías eficientes e reducen os custes para os consumidores

A Coruña, 16 de xuño de 2025
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, destacou hoxe que os Certificados de Aforro Enerxético buscan incentivar o investimento en tecnoloxías eficientes, reducir os custes para os consumidores, fomentar a innovación, e xerar beneficios sociais e económicos.
Fernández Vila clausurou na Coruña a xornada Beneficios económicos para empresas e comunidades polo uso do sistema de Certificados de Aforro Enerxético (CAEs) onde explicou que este sistema tamén supón unha oportunidade para acelerar a descarbonización e consolidar ás empresas galegas nunha posición de liderado desde o punto de vista da sustentabilidade e da competitividade. De feito, estes certificados xa permitiron á industria galega obter 50 millóns de euros pola venda dos aforros xerados grazas ao sistema CAE.