A Xunta impulsa a transformación dixital e sustentable dos comercios ourensáns

foto
A Xunta impulsa a transformación dixital e sustentable dos comercios ourensáns

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe na cidade de Ourense os establecementos Turini Sport e Calzados Tilve, que participaron no programa de axudas para a modernización e a dixitalización co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por máis de 630.000 € en 64 negocios da provincia

A esta convocatoria, que contará este ano con 3 M€, súmanse as do fondo tecnolóxico, que alcanzarán os 5,6 M€

Normal
0

21

false
false
false

ES
X-NONE
X-NONE

Ourense, 9 de febreiro de 2023 O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, salientou hoxe o impulso da Xunta de Galicia á transformación dixital e sustentable do comercio de proximidade. Heredia visitou en Ourense os establecementos Turini Sport e Calzados Tilve, que participaron no programa de axudas para a modernización e a dixitalización dos comercios e obradoiros artesáns, co que o ano pasado se mobilizou un investimento público-privado de máis de 630.000 euros en 64 negocios da provincia, con axudas por máis de 280.000 euros.

Tal e como sinalou Heredia, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, este ano este programa contará cun orzamento de 3 millóns de euros, e sumarase á axuda do fondo tecnolóxico, única dotada con fondos europeos Next Generation, e centrada en aspectos como a transformación dixital, a eficiencia enerxética e a mellora da experiencia de compra dos usuarios, entre outros aspectos.

No mes de decembro lanzouse unha primeira convocatoria do fondo tecnolóxico, con 2,7 millóns de euros de orzamento. En fase de resolución, o programa tivo unha grande acollida, con máis de 367 axudas solicitadas. A segunda convocatoria publicarase nesta primavera cun importe de 2,9 millóns de euros, alcanzando así os 5,6 millóns de euros.

En total, este ano destínanse 24 millóns de euros a impulsar a competitividade do sector comercial e artesanal; crear un hub de innovación comercial e artesanal para desenvolver novos modelos de negocio e mellorar a competitividade do sector; así como impulsar a formación e capacitación para os profesionais deste ámbito, entre outros aspectos.

As medidas específicas para este ano da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, que se suman aos apoios doutros departamentos da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -como Inega e Igape-, así como da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, irán en liña co diagnóstico realizado co sector a partir de enquisas ás asociacións, estudos do sector e agrupacións sectoriais.

Últimas novas