A Xunta lembra que aínda se poden solicitar axudas do Moves III para instalar cargadores eléctricos
O prazo de solicitude destes apoios estará aberto ata o vindeiro mes de xuño
A liña para instalación de puntos de recarga conta cun importe de 12,4 millóns de euros
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2024
A Xunta de Galicia lembra que as persoas interesadas poden solicitar ata o vindeiro mes de xuño as axudas do Moves III para a instalación de novos cargadores eléctricos, logo da ampliación do prazo que se publicará mañá luns no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Esta terceira edición contou cun orzamento de máis de 43 millóns de euros, 31,4 millóns para a adquisición de vehículos eléctricos e actualmente esgotada, e 12,4 millóns de euros para a liña de instalación de puntos de recarga.
Este programa pretende impulsar a mobilidade eléctrica e sustentable entre particulares, empresas e sector público en liña coas prioridades estratéxicas da Axenda Enerxética de Galicia 2030. O plan está financiado pola Unión Europea, a través do Programa FEDER de Galicia 2021-2027.