A Xunta reforza a súa colaboración co Clúster da Biomasa para seguir impulsando esta enerxía renovable e autóctona

foto
A Xunta reforza a súa colaboración co Clúster da Biomasa para seguir impulsando esta enerxía renovable e autóctona

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou na inauguración da Asemblea xeral da entidade, na que se asinou un convenio mediante o cal se definirán novas medidas para apoiar o sector, así como diferentes iniciativas de información e divulgación

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2023 O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou hoxe na inauguración da Asemblea xeral do Clúster da Biomasa de Galicia, no que se asinou un convenio mediante o cal se definirán novas medidas para seguir impulsando esta enerxía renovable e autóctona e apoiar a creación de riqueza e emprego arredor desta industria.

O acordo está dotado con máis de 44.000 euros, dos cales o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) achega o 90%. Nel contémplase tamén a creación dun punto de información a particulares e empresas en relación coa biomasa, atendido por persoal especializado do Clúster, e a actualización, dinamización e xeración de contidos para o Observatorio Galego da Biomasa. Ademais, o Clúster tamén dará apoio na organización de actividades de difusión e comunicación que organice o Inega.

Dentro da aposta da Administración autonómica por esta fonte de enerxía, unha das principais fontes de enerxía primaria en Galicia xunto co vento e a auga, ata o 29 de xuño está aberto o prazo das axudas por 1,5 millóns de euros para apoiar a instalación por parte de particulares de caldeiras de biomasa para a xeración de enerxía térmica. A contía será dun 50% cun máximo de 8000 euros por proxecto.

Últimas novas