Lorenzana destaca a traxectoria de Espina y Delfín como referente na construción de infraestruturas hidráulicas
Lorenzana destaca a traxectoria de Espina y Delfín como referente na construción de infraestruturas hidráulicas
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na entrega do XIII Premio á Excelencia Empresarial do Club Financeiro de Santiago á empresa galega Espina y Delfín, á que considerou un referente en técnicas avanzadas de construción de obra hidráulica.
Acompañada da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e do secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, Lorenzana recoñeceu que as empresas familiares constitúen a columna vertebral da economía galega e teñen na innovación a característica que as fai máis resilientes.