Xornada informativa sobre o procedemento de contratación Expediente IN-2026-0001
Xornada informativa sobre o procedemento de contratación Expediente IN-2026-0001 - CPI INNOMAR “SOLUCIÓNS INNOVADORAS PARA O IMPULSO EN GALICIA DAS ENERXÍAS RENOVABLES MARIÑAS E DA MONITORIZACIÓN AMBIENTAL NA ZONA EXPERIMENTAL DE PUNTA LANGOSTEIRA”
Actuación cofinanciada nun 60 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Plurirrexional de España 2021-2027, a través dunha axuda concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades ao abeiro da Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda (Liña FID) para a Compra Pública de Innovación (CPI).
O 19 de febreiro publicáronse na plataforma de Contratos públicos de Galicia os pregos da licitación correspondente ao proxecto de CPI NNOMAR “SOLUCIÓNS INNOVADORAS PARA O IMPULSO EN GALICIA DAS ENERXÍAS RENOVABLES MARIÑAS E DA MONITORIZACIÓN AMBIENTAL NA ZONA EXPERIMENTAL DE PUNTA LANGOSTEIRA”, cun orzamento base de licitación de 5.142.500,00 € (IVE incluído).
Co fin de facilitar a axeitada preparación e presentación das solicitudes de participación no procedemento de diálogo competitivo polo que se rexerá o proceso de contratación, a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) celebrará unha xornada informativa en liña o 23 de febreiro de 2026, de 10:00 a 12:00 (CEST), a través da plataforma Cisco Webex. Na sesión presentaranse os elementos esenciais do procedemento de contratación, proporcionando unha visión clara, ordenada e sistemática do Programa Funcional Inicial (PFI), do Documento Descritivo e dos Anexos que integran a documentación publicada.Para acceder en directo prema na seguinte ligazón.
A sesión será gravada e o seu contido publicarase na plataforma de Contratos públicos de Galicia, en aplicación dos principios de publicidade, concorrencia, transparencia, igualdade de trato e non discriminación. Do mesmo xeito, as respostas ás preguntas formuladas durante a xornada responderanse e publicaranse na mesma plataforma.
Agradecemos o seu interese e quedamos á súa disposición para cantas aclaracións consideren oportunas.