PLAN RENOVA O TEU VEHÍCULO ANO 2025
PLAN RENOVA O TEU VEHÍCULO ANO 2025
Outras axudas
Inicio solicitude
Fin solicitude
Ano convocatoria
2025
Código(s):
IN421T, IN421U
Concorrencia:
Non competitiva
Fondos:
Propios
Prazo solicitude de adhesión de entidades colaboradoras: desde as 9:00 h do 23 de decembro de 2024 ao 15 de setembro de 2025 (artigo 4.4).
Inicio prazo de solicitude axudas: 9:00 h de 22 de xaneiro de 2025 (artigo 4.5)
Finalización prazo de solicitude: 30 de setembro de 2025 ou ata esgotar fondos.
Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas
A continuación, descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas en réxime de concorrencia non competitiva, aínda que a información que se considerará oficial para tódolos efectos será a publicada na Resolución de 5 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativas ao Plan Renova o teu Vehículo, así coma a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se procede á convocatoria para a anualidade 2025 (Códigos IN421T e IN421U). (DOG de 20 de decembro de 2024).
1. Conceptos obxecto da subvención
Será obxecto de subvención a adquisición de vehículos novos turismos (M1) ou furgonetas (N1) que cumpran as características enerxéticas indicadas a continuación e teñan un custo inferior ou igual a 42.000 € (impostos incluídos), que se amplía a 47.000 € para vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 km en modo eléctrico, e en 6.000 € adicionais cando se trate dun vehículo adaptado para a condución de persoas con discapacidade ou se dispón de 8 ou 9 prazas.
a) Vehículos M1 (Turismos) cun valor de emisións iguais ou inferiores a 120 g CO2/km. Establécense dúas categorías que recibirán diferente intensidade de axuda:
Tipo 1: Con emisións iguais ou inferiores a 100 g CO2/km
Tipo 2: Con emisións iguais ou inferiores a 120 g CO2/km
b) Vehículos N1 (Furgonetas) cun valor de emisións inferiores ou iguais a 120 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA < 2.500 kg, ou cunhas emisións inferiores ou iguais a 185 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA ≥ 2.500 kg
Para verificar o cumprimento destes requisitos enerxéticos terase en conta a información dispoñible na Base de Datos de Vehículos da páxina web del IDAE, e, no caso de non estar dispoñible dita información ou ser contraditoria, a documentación acreditativa do fabricante. Pódese consultar a base de datos de vehículos no link: http://coches.idae.es/base-datos/marca-y-modelo
2. Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases, os suxeitos que se enumeran a continuación:
a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
TIPO DE BENEFICIARIO | ORZAMENTO (€) |
---|---|
PERSONAS FÍSICAS | 2.925.180,00 |
AUTÓNOMOS O EMPRESAS | 250.000,00 |
Para acceder á subvención, será requisito imprescindible que o adquirente titular do vehículo obxecto da subvención acredite a baixa definitiva en circulación dun vehículo a achatarrar no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico, mediante a presentación do correspondente certificado acreditativo da baixa definitiva do vehículo. O vehículo a achatarrar deberá ser, indistintamente, de categoría M1 ou N1, estar matriculado en España e ter unha antigüidade, contada dende a data da súa primeira matriculación e ata o día no que se fai a solicitude da axuda, de, polo menos, dez anos, no caso de vehículos M1, ou de cinco anos, no caso de vehículos N1. Adicionalmente, o vehículo a desmantelar deberá estar ao día no pagamento do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica e o adquirinte titular do vehículo susceptible da axuda, o cónxuxe ou un familiar de primeiro grao (por consanguinidade ou afinidade) deberá ostentar a titularidade do vehículo a achatarrar, como mínimo, dende o día anterior á publicación da presente convocatoria.
3.Período de actuacións obxecto da subvención
Poderán obter dereito á subvención as actuacións que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2025. A adquisición do vehículo obxecto da subvención e o achatarramento do vehículo que se renova poderase efectuar a partir do 1 de xaneiro de 2025.
Polo tanto, a totalidade das facturas e os xustificante de pagamento teñen que ter data posterior ao 1 de xaneiro e anterior ao 30 de setembro.
4. Contía da axuda
Na seguinte táboa, resúmese a axuda do Plan en función do tipo de vehículo
TIPO DE VEHÍCULO | AXUDA INEGA (€) | AXUDA ADICIONAL FAMILIAS NUMEROSAS (€) | DESCONTO CONCESIONARIO (antes de impostos) (€) | TOTAL (€)(*) |
---|---|---|---|---|
Tipo 1 | 3.000 | 600 | 1.000 | 4.000/4.600 |
Tipo 2 | 2.000 | 400 | 1.000 | 3.000/3.400 |
Tipo 3 | 2.000 | 400 | 1.000 | 3.000/3.400 |
(*) A segunda cantidade é exclusiva para solicitantes que formen parte dunha familia numerosa, para os que a axuda do Inega se incrementa un 20 %.
O aforro por vehículo do Plan Renova o teu Vehículo corresponderá unha parte á axuda pública e outra a un desconto antes de impostos asumido polo fabricante/importador ou punto de venda. O pagamento da axuda pública realizarase directamente ao concesionario, polo que, o beneficiario final xa non terá que desembolsala previamente.
Unha persoa física só poderá adquirir un único vehículo M1 ou N1.
Un autónomo ou empresa só poderá adquirir un máximo de dez vehículos.
5. Solicitude de adhesión de entidades colaboradoras
O prazo de solicitude de adhesión de entidades colaboradoras é dende o 23 de decembro de 2024 ata 15 de setembro de 2025 (artigo 4.4).
Poderán ser entidades colaboradoras os concesionarios ou puntos de venda cuxo epígrafe da sección primeira das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1175/1990, de 28 de setembro, sexa 615.1 (comercio por xunto de vehículos, motocicletas, bicicletas e os seus accesorios) ou 654.1 (comercio polo miúdo de vehículos terrestres). As entidades colaboradoras teñen que ter o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Proceso de solicitude de adhesión das entidades colaboradoras:
a.- A primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.
b.- A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (Anexo II) e o Convenio de colaboración (Anexo III).
Unha vez xerada a solicitude normalizada deberá presentala por vía electrónica.
Se a documentación presentada está completa, formalizarase a adhesión da entidade colaboradora. No caso de detectarse algunha deficiencia, procederase ao envío dun requirimento de emenda, suspendéndose a formalización da adhesión da entidade colaboradora ata que complete a totalidade da documentación.
As entidades colaboradoras teñen a obriga de exhibir nos seus centros de traballo ou punto de venta durante a vixencia do Plan Renova o teu Vehículo un cartel de promoción deste no que se informe de que se trata dunha entidade colaboradora adherida conforme ao modelo que se porá a disposición na aplicación informática do Inega.
6. Prazo para a presentación da solicitude de axuda
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 22 de xaneiro de 2025 ás 9:00 h e finaliza o 30 de setembro de 2025.
A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, asignando os fondos por orde de entrada no rexistro. Son elixibles os vehículos adquiridos dende o 1 de xaneiro de 2025 e entregados antes do 30 de setembro de 2025.
7. Procedemento presentación de solicitudes de axuda
Só poderán presentar solicitudes as entidades colaboradoras adheridas. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal.
Para poder presentar a solicitude deberase achegar, conxuntamente coa mesma, copia dixitalizada da seguinte documentación:
- Autorización para a representación, anexo V.
- Oferta do vehículo que se pretende adquirir.
- Captura da Base de datos de Vehículos da páxina web do IDAE.
- Fotocopia da Ficha Técnica (tarxeta ITV) do vehículo a achatarrar.
- Permiso de circulación do vehículo a achatarrar.
- Xustificante de estar ao día no pagamento do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
O solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.
Unha vez presentada a solicitude e reservados os fondos, a axuda considerarase pre-concedida e poderase proceder á súa execución e, posteriormente, a presentar a solicitude de pagamento.
8. Documentación complementaria solicitude
- Declaración de outorgamento de representación (Anexo V)
9. Solicitude de pagamento
Unha vez feita a reserva de fondos e executada a actuación, poderá solicitar o pagamento da axuda enchendo e presentando a través da aplicación informática o Anexo VI de solicitude de pagamento acompañado da seguinte documentación:
a) Facturas.
b) Documentación xustificativa do pagamento.
c) Ficha Técnica (tarxeta ITV) do vehículo adquirido.
d) Permiso de Circulación do vehículo adquirido ou Permiso de Circulación Provisional emitido pola Dirección Xeral de Tráfico.
e) Certificado acreditativo da baixa definitiva do vehículo a achatarrar.
10. Requirimentos de Emenda
Segundo o artigo 18 da convocatoria, calquera notificación realizarase a través de medios electrónicos mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no apartado Notificacións electrónicas.
Este sistema remitirá as persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións a súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).
11. Acceso á aplicación informática
Prema para o acceso á aplicación informática para encher e presentar as solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras.
Prema para o acceso á aplicación informática para encher e presentar as solicitudes.
12. Máis información
Para máis información poden contactar co Inega a través do teléfono 981 95 35 43.