SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2026 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO NO SECTOR RESIDENCIAL, EN AMBITOS NON URBANOS - IN421H, IN421P
SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2026 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO NO SECTOR RESIDENCIAL, EN AMBITOS NON URBANOS - IN421H, IN421P
Outras axudas
Inicio solicitude
Fin solicitude
Ano convocatoria
2026
Código(s):
IN421H, IN421P
Concorrencia:
Competitiva
Fondos:
Competitiva
A continuación descríbense brevemente as características principais destas axuda, aínda que a información que se considera oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 16 de decembro de 2025, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia(Inega) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P). (DOG de 20 de xaneiro de 2026).
1. Beneficiarios
- Persoas físicas e as sociedades patrimoniais de tenza de valores inmobiliarios ou de arrendamento de inmobles, titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Comunidades ou mancomunidades de veciños sempre que as actuacións subvencionables realícense en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Dotación da axuda
|
Tecnoloxía |
Presuposto por tecnoloxía (€) |
| Biomasa caldeiras |
600.000 |
| Aerotermia |
800.000 |
| Xeotermia/hidrotermia |
670.000 |
| Solar térmica |
30.000 |
| Total |
2.100.000 |
3. Período de actuacións subvencionables
O período de execución dos investimentos comeza unha vez que se teña por efectuada a solicitude da axuda ante esta entidade e a data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2026.
4. Presentación solicitudes Beneficiarios
A entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
O prazo de presentación de solicitudes comezará:
|
TIPOLOXÍAS |
INICIO SOLICITUDES |
FIN DE SOLICITUDES |
| Biomasa |
09 de febreiro de 2026 as 9:00 horas |
13 de marzo de 2026 |
| Xeotermia, hidrotermia | ||
| Aerotermia | ||
| Solar térmica |
5. Réxime da convocatoria
Concorrencia competitiva cos seguintes criterios de valoración:
- Características técnicas
- Grao de utilización da instalación
- Localización do proxecto
6. Costes elixibles
O investimento elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada polas características do sistema de conformidade ao disposto no artigo 7 das bases da convocatoria.
| BIOMASA | |||
|
Tipoloxía |
Tipo de equipo xerador de biomasa |
Rango de potencias |
Custo elixible máximo por potencia sen IVE (€/kW) |
| B1 |
Calderas de leña |
P ≤ 20 KW |
300 - 5 P |
|
20 < P ≤ 40 kW |
250 - 2,5 P |
||
|
P > 40 kW |
150 |
||
| B2 | Calderas con sistema de alimentación automática y volumen de acumulación de combustible V < 3.000 litros |
P ≤ 15 kW |
570 - 10 P |
|
15 < P ≤ 25 kW |
600 - 12 P |
||
|
P > 25 kW |
300 |
||
| B3 | Calderas con sistema de alimentación automática y volumen de acumulación de combustible con V ≥ 3000 litros |
P ≤ 15 kW |
670 - 10 P |
|
15 < P ≤ 30kW |
700 - 12 P |
||
|
P > 30 |
340 |
||
Para as caldeiras que teñan limpeza automática do intercambiador existe un de adicional 50 €/kW.
| XEOTERMIA | |||
|
Tipoloxía |
Tipo de equipo xerador de biomasa |
Rango de potencias |
Custo elixible máximo por potencia sen IVE (€/kW) |
| A1 | Instalacións con bombas de calor Xeotérmicas con intercambio enterrado horizontal |
P ≤ 10 kW |
1.430 |
|
10 < P ≤ 30 kW |
1430 – 11 (P-10) |
||
|
30 < P ≤ 100 kW |
1210 – 22 (P-30) |
||
|
P >100 kW |
1.056 |
||
| A2 | Instalacions con bombas de calor Xeotérmicas con intercambio enterrado vertical |
P ≤ 10 kW |
2.090 |
|
10 < P ≤ 30 kW |
2.090 – 27,5 (P-10) |
||
|
30 < P ≤ 100 kW |
1.540 – 3,8 (P-30) |
||
|
P >100 kW |
1.309 |
||
Bomba de calor Hidrotermia
O investimento elixible máximo sen IVE será de 1.200 € /kW para bombas de calor auga/auga.
Bomba de calor Aerotermia
O investimento elixible máximo sen IVE será de 900 € /kW para bombas de calor aire /auga.
Solar térmica
Segundo a tecnoloxía empregada, a inversión elixible máxima sen IVE será a seguinte:
- Paneis planos: 800 euros /m2 de superficie de apertura
- Tubos de baleiro: 1.200 euros /m2 de superficie de apertura
7. Cuantía da axuda
A cuantía da axuda será del 50% da inversión elixible da instalación.
A axuda máxima por vivenda:
|
Tecnoloxía |
Axuda máxima |
| Biomasa |
8.000 |
| Xeotermia |
10.000 |
| Aerotermia/hidrotermia |
2.500 |
| Solar térmica |
2.000 |
En proxectos de multivivenda, a axuda máxima será de 40.000€
8. Documentación complementaria
- Memoria técnica aerotermia, xeotermia e hidrotermia.
- Memoria técnica biomasa.
- Memoria técnica solar térmica.
- Declaración responsable cumprimento DNSH.
- Declaración responsable de redución de emisións para caldeiras de biomasa.
- Anexo V - Modelo de representación.
- Anexo VI - Declaración de compromisos asumidos por cada membro da agrupación de persoas físicas.
- Anexo VII - Renuncia.
- Anexo IX - Declaración de outras axudas.
- Informe técnico da actuación
- Modelo xustificación publicidade.
9. Acceso á aplicación informática
10. Máis información
Prema para acceder á información das parroquias de ámbito rural FEADER.
Para máis información poden contactar co Inega a través dos teléfonos:
- Parte técnica: 981 541 524
- Parte administrativa: 981 541 510