PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA 2026 - 2027
PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA 2026 - 2027
Outras axudas
Inicio solicitude
Fin solicitude
Ano convocatoria
2026
Código(s):
IN421S
Concorrencia:
Competitiva
Fondos:
Feder
A continuación descríbese as características principais destas axudas, entendendo que a información que se considera oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027. (Código IN421S). (DOG de 20 de xaneiro de 2026).
RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S)
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa
Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S)
RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2026, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S). (DOG do 15 de maio de 2026)
1. Beneficiarios
a) empresas legalmente constituídas e autónomos, incluídas as empresas de servizos enerxéticos.
b) administración locais de Galicia e entidades dela dependentes.
c) entidades sen ánimo de lucro
2. Dotación da axuda
A dotación orzamentaria será de 5.524.800 € coa seguinte desagregación por tipo de beneficiario
| Beneficiarios axudas | Anualidade 2026 (€) | Anualidade 2027 (€) | Importe total asignado (€) |
| Empresas | 2.450.000 | 2.100.000€ | 4.550.000€ |
| Administración local | 840.000€ | 720.000€ | 1.560.000€ |
| Entidades sen ánimo de lucro | 210.000€ | 1800.000€ | 390.000€ |
| Total | 3.500.000€ | 3.000.000€ | 6.500.000€ |
3. Período de actuacións subvencionables
O prazo de execución iniciarase unha vez presentada a solicitude da axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poda exceder do 15 de octubro de 2026, para solicitudes con proxectos a realizar ata esta data, e o 30 de setembro de 2027, para solicitudes con proxectos para realizar en 2027. Estas dúas datas, son as últimas datas admisibles de facturación e pagamento do investimento. As actuacións realizadas entre o 16 de outubro de 2026 e o 31 de decembro poderán ser imputadas ao 2027.
4. Presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado dende o sexto (6º) día hábil seguinte ao da publicación deste resolución no DOG.
| TIPOLOXÍA | INICIO DE SOLICITUDES | FIN DE SOLICITUDES |
| Fotovoltaica | 28/01/2026 ás 9.00 horas | 02/03/2026 ás 23.59 horas |
5. Réxime da convocatoria
Concurrencia competitiva de acordo cos seguintes criterios de avaliación:
a) características técnicas dos paneis
b) grao de autoconsumo da instalación
c) repercusión enerxética da axuda concedida
6. Custes elixibles
Para as instalación fotovoltaicas o investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado a 750 €/kWp.
Sistema de acumulación con baterías, custo adicional (sen IVE) de 750€/kWh de capacidade de acumulación.
A potencia mínima dos paneis fotovoltaicos do proxecto será de 100 kWp e a máxima de 1.000 kWp
7. Contía da axuda
A porcentaxe da axuda dependerá o tamaño da empresa e do tipo de beneficiario, e a axuda calcularase en función dos custos elixibles.
| Beneficiarios | Porcentaxe de axuda |
| Entidades locais | 60% |
| Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) | 60% |
| Empresas, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas, a axuda incrementarase en 20 puntos portentuais e, no caso de medianas empresas, en 10 puntos porcentuais | 30% |
A contía máxima da axuda por proxecto será de 150.000 €
8. Modelos da documentación complementaria na fase de solicitude
- Memoria técnica fotovoltaica
- Nomeamento de representante (anexo II)
- Declaración DNSH
- Declaración responsable do tamaño da empresa
- Declaración accesibilidade
- Declaración loita da morosidade
9. Acceso á aplicación informática
10. Documentación fase de xustificación
- Memoria xustificación publicidade
- Informe da actuación realizada
- Cartel de publicidade
11. Información adicional
Para máis información poden contactar co Inega a través dos teléfonos:
- Parte administrativa: 981 541 534
- Parte técnica: --
12. Comisión de Valoración
A) A persoa que ostenta a xefatura do Departamento de Enerxía do Inega.
b) A persoa que ostenta a xefatura da Área de Enerxías Renovables do Inega.
c) Un técnico do Inega.