Subvencións ano 2026 para planificación enerxética de comunidades enerxéticas
Subvencións ano 2026 para planificación enerxética de comunidades enerxéticas
Outras axudas
Inicio solicitude
Fin solicitude
Ano convocatoria
2026
Código(s):
IN418E
Concorrencia:
Non competitiva
Fondos:
Propios
Inicio prazo solicitude: Desde o 03 de xullo de 2026 ás 9:00 h.
Fin prazo solicitude: 03 de agosto de 2026.
Concorrencia: Non competitiva, os fondos asignaranse pola orde de entrada da solicitude no rexistro
A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 15 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de planificación enerxética de comunidades enerxéticas (Código IN418E). (DOG do 26 de xuño de 2026).
1. Conceptos subvencionables
Son actuacións subvencionables a contratación dos servizos de asistencia técnica e/ou xurídica precisos para a definición das infraestruturas enerxéticas necesarias e a definición, elaboración ou ampliación dos estatutos que rexen ou rexerán a operativa e xestión da Comunidade Enerxética a partires da súa constitución.
Co obxecto de contribuír a sostibilidade da comunidade enerxética está deberá dispor dun estudo de viabilidade económica na que se avalíen cando menos os investimentos a realizar, a financiación destes, os costes operativos e os ingresos previstos nun horizonte temporal mínimo de 10 anos. Serán subvencionables os custos do estudo de viabilidade económica e tamén os custos de actuacións de difusión para a captación de socios.
Como resultado debe obterse:
- No seu caso, estatutos e acta de constitución da CE.
- Anteproxecto das infraestruturas enerxéticas previstas.
- Estudo de viabilidade económica da Comunidade Enerxética.
- Cando proceda, memoria descritiva das actuacións de difusión.
2. Listaxe de empresas interesadas en prestar servizos de Planificación Enerxética
Os solicitantes poden escoller libremente as empresas que os asesoren. No seguinte link pode consultar a Listaxe de empresas interesadas en prestar servizos de planificación enerxética de comunidades enerxéticas elaborada polo Inega coa finalidade de facilitar o contacto entre solicitantes e provedores, pero que en ningún caso debe entenderse como garantía do Inega da calidade dos traballos resultantes, cuxa responsabilidade corresponde ás partes.
Para solicitar a inclusión na citada listaxe debe remitirse ao Inega, a través do seguinte link, o Anexo IV da resolución en calquera momento desde a publicación da resolución e antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes de axuda.
3. Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións as comunidades enerxéticas xa constituídas e con residencia ou establecemento en Galicia. Sen prexuízo de que podan presentar solicitudes de axuda previas á constitución da comunidade enerxética sempre e cando formalicen a constitución antes da finalización do período de xustificación.
4. Período de actuacións subvencionables
Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2026.
5. Contía máxima da axuda
A intensidade da axuda será do 80 % do custe elixible da actuación. Na seguinte táboa establécese a axuda máxima por solicitude que dependerá do número de membros da Comunidade Enerxética no momento de presentar a solicitude (no caso de comunidades enerxéticas sen constituír terase en conta os membros que figuren no acordo marco de colaboración na proposta de concesión e, se o número e menor, os que finalmente integren a comunidade para o pagamento).
| Numero de membros da CE | Axuda máxima (€) |
| Menos de 10 | 15.000 |
| De 10 a 100 | 20.000 |
| Máis de 100 | 25.000 |
A axuda máxima recollida no punto anterior poderá aumentarse en 5.000 € de axuda no caso das comunidades que en fase de solicitude xustifiquen ter ubicación/s (propiedade ou dereitos sobre terreos, uso de cubertas, ...) a favor da comunidade enerxética para o desenvolvemento de novas infraestruturas enerxéticas. O que se deber acreditar por calquera medio válido en dereito.
6. Presentación de solicitudes
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.
Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.
7. Prazo para a presentación da solicitude
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 03 de xullo ás 9:00 h e remata o 03 de agosto de 2026.
8. Modelos documentación solicitude
- Memoria técnica de Planificación Enerxética
9. Modelos de documentos para a xustificación do investimento
- Modelo de declaración de actuación executada
- Anexo III de Renuncia
10. Notificacións
Segundo o artigo 19 das bases reguladoras da convocatoria, todas as notificacións realizaranse por medios electrónicos, mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no apartado Notificacións electrónicas.
Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións a súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (https://www.inega.gal).
11. Acceso á aplicación informática
Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.
12. Máis información
Pode solicitar máis información poden poñerse en contacto nos teléfonos: 981 54 15 20 / 981 54 15 39.