Subvencións ano 2023-2024 para proxectos de aforro e eficiencia nas empresas galegas

Subvencións ano 2023-2024 para proxectos de aforro e eficiencia nas empresas galegas

Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2023

Código(s):

IN417Y

Concorrencia:

Non competitiva

Fondos:

FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional)

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2021-2027 (Código IN417Y).(DOG do 5 de maio de 2023).

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se redistribúen e minoran os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027. (DOG do 5 de decembro do 2023).

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024 pola que se da publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027 (código de procedemento IN417Y). (DOG do 14 de febreiro do 2024).

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 6 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027 (código de procedemento IN417Y). (DOG do 29 de febreiro do 2024).

1. Conceptos subvencionables

Serán subvencionables aqueles proxectos con rateos de aforro enerxético anual iguais ou superiores aos indicados na seguinte táboa para cada liña:

Denominación da liña

Proxectos subvencionables

PAPEME - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible
PAGE - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible
PAE - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30% 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI
PAP - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible

Para o paso de enerxía final a enerxía primaria utilizaranse os factores de paso establecidos no modelo de memoria técnica.

Os investimentos só poderán ser subvencionados sobre a base dunha auditoría enerxética (no caso de actuacións integrais de edificios substituirase a auditoría enerxética polo certificado de eficiencia enerxética cando este sexa de aplicación ao edificio), cuxos resultados se plasmarán na memoria técnica da solicitude.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros.

Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.

2. Beneficiarios

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

Aos efectos destas bases terase en conta a definición de empresa recollida no Anexo I do Regulamento 651/2014 segundo a cal considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, pública ou privada, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

3. Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e a data limite para executar e xustificar o investimento será o 15 de setembro de 2024.

As actuacións non poden estar iniciadas con anterioridade a data de presentación da solicitude de axuda.

Enténdese por inicio dos traballos, conforme a definición recollida no artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014,  ou ben o inicio dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior; a merca de terreos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.

4. Contía máxima da axuda

A contía da subvención será do 35 % do custe elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20% no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10% no caso de medianas empresas. A axuda máxima por proxecto ascende a 1.000.000 €.

Para axudas de más de 100.000 € limítase a axuda segundo o aforro enerxético xustificado segundo a seguinte táboa. A estes efectos da aplicación deste límite no caso de proxectos da liña PAP utilizarase o epígrafe específico para esta tipoloxía de proxectos:

Tipoloxía beneficiario

Axuda máxima en función do aforro enerxético

Pequena empresa  - Se AEF < 80 MWh/ano: AM=100.000
- Se AEF ≥ 80 MWh/ano: AM=AEF x 1.250
Mediana empresa - Se AEF < 100 MWh/ano: AM=100.000
- Se AEF ≥ 100 MWh/ano: AM=AEF x 1.000
Gran empresa     - Se AEF < 150 MWh/ano: AM=100.000
- Se AEF ≥ 150 MWh/ano: AM=AEF x 675
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas (PAP)     - Se AEF < 80 MWh/ano: AM=100.000
- Se AEF ≥ 80 MWh/ano: AM=AEF x 1.250

Onde:
AEF=Aforro enerxético anual de enerxía final en MWh/ano
AM=Axuda máxima por expediente en función da tipoloxía de beneficiario e o aforro enerxético en euros.

No caso de proxectos do sector industrial cun investimento igual ou superior a 100.000 € e rateos de aforro iguales ou superiores a 0,81 kWh/€ de inversión a axuda estará limitada a un máximo do 25 % da inversión. A estes efectos, considérase sector industrial aquelas actividades do CNAE 2009 (Real decreto 475/2007) das división 07 a 39.

5. Presentación de solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

6. Prazo para a presentación da solicitude

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 10 de maio ás 9:00 h e remata o 15 de setembro de 2023.

7. Documentación complementaria solicitude

- Declaración de outorgamento de representación
- Declaración Responsable da capacidade administrativa, financieira e operativa
- Declaración de non causar prexuizo significativo ao medio

Proxectos de aforro e eficiencia de iluminación
- Memoria técnica PAE-Iluminación
- Memoria técnica adicional edificios PAE

Proxectos de aforro e eficiencia
- Memoria técnica PAE
- Memoria técnica adicional edificios PAE
- Ficha de consumo PAE

8. Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 20 das bases reguladoras da convocatoria, todas as notificacións realizaranse por medios electrónicos, mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no apartado Notificacións electrónicas.

Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións a súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

9. Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Informe técnico da actuación realizada
- Declaración expresa de proxecto executado conforme á solicitude
- Memoria Xustificación Publicidade Fondos FEDER
- Instruccións de información para os beneficiarios de axudas procedentes de fondos FEDER
- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3)
- Cartel de obra
- Certificado de finalización da instalación

10. Modelos de documentos

- Anexo Renuncia

11. Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

12. Máis información

Para solicitar máis información pode contactar co Inega a través dos teléfonos: 981 957 803 / 981 541 514.

Últimas axudas

PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES ELÉCTRICAS E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PRODUCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN421L

Frechas enlace Frechas enlace
Planificación enerxética de concellos e comunidades enerxéticas
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN418E

Frechas enlace Frechas enlace
Subvencións renovación de electrodomésticos
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN414B, IN414C

Frechas enlace Frechas enlace