PROXECTOS SINGULARES DE MELLORA DA SUSTENTABILIDADE ENERXÉTICA EN EMPRESAS DO SECTOR INDUSTRIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA

PROXECTOS SINGULARES DE MELLORA DA SUSTENTABILIDADE ENERXÉTICA EN EMPRESAS DO SECTOR INDUSTRIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA

Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2025

Código(s):

IN421J

Concorrencia:

Competitiva

Fondos:

FTX (Fondo de transición xusta)

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria para o ano 2025 de subvencións para proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial da provincia da Coruña, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027. (Código do procedemento administrativo IN421J). (DOG do 27 de xaneiro de 2025).

1. Conceptos subvencionables


Serán subvencionables grandes proxectos tractores de descarbonización e renovación industrial que se executen dentro do territorio da provincia da Coruña. En procesos industriais, son exemplos de investimentos que poderían ser considerados, os seguintes: electrificación dos procesos, a substitución de combustibles fósiles por biomasa ou hidróxeno. 
Apoiarase o desenvolvemento de proxectos singulares que xustifiquen a redución de consumo enerxético e de emisións de GEI recollidas no seguinte cadro, en función da liña da convocatoria a que opten:

Denominación da liña  Proxectos subvencionables
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA) Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético superiores a 0,05 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía por euro de inversión elixible.
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % (PAD) Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético superiores a 0,01 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía por euro de inversión elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI.

          

Considéranse investimentos subvencionables: a elaboración dos proxectos técnicos, dirección facultativa e obra civil relacionado coas actuacións, o prezo dos equipamentos e a súa montaxe e posta en marcha, Para contribuír á comprobación dos resultados ambientais obtidos será subvencionable a implantación de medidas de contabilización, monitorización e tele-xestión do consumo de enerxía e emisións asociadas ás actuacións de aforro para as que se solicita axuda. Será subvencionable a realización de auditorías enerxéticas ou de emisións que inclúan en detalle a actuación subvencionada salvo que se trate dunha auditoría obrigatoria conforme á normativa vixente.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 1.000.000 euros. Para pemes rebaixase o investimento mínimo a 500.000 euros. O investimento máximo non ten límite.
Cada solicitude contemplará un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións que se valorarán de xeito conxunto. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.

2. Beneficiarios


Poderán ser beneficiarios das subvencións as empresas que acrediten a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Provincia da Coruña, e que realicen unha actividade industrial. Para os efectos destas bases considérase actividade industrial aquelas da CNAE 2009 (regulado por Real Decreto 475/2007) que comecen pola división da 07 a 39.
O Inega comprobará o cumprimento da condición de peme ou non peme do solicitante, segundo a definición de peme contida no Anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 de 17 de xuño, xeral de exención por categorías, co fin de garantir o tratamento diferenciado dos distintos beneficiarios en función do tipo de intervención.

3. Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as actuacións realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda. As actuacións non poden estar iniciadas con anterioridade a data de presentación da solicitude de axuda.

Enténdese por inicio dos traballos, conforme a definición recollida no artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, ou ben o inicio dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior; a merca de terreos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.

A data límite para executar e xustificar o investimento será a que se fixe na resolución de concesión, a cuxo efecto terase en conta a data que a entidade solicitante indique na sua solicitude (Anexo I), no apartado: “data estimada de finalización do proxecto”, sen que en ningún caso dita data poida exceder do 15 de setembro de 2027.

4. Contía máxima da axuda

A contía da subvención será a que se determina no seguinte cadro en función da liña de axudas á que opte: 

Denominación da liña

Intensidade de axuda

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA)

45 % do custe subvencionable para medianas empresas; e o 55% para pequenas empresas

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % (PAD)

45 % do custe subvencionable para grandes empresas; o 55 % para medianas empresas; e o 65% para pequenas empresas

No caso de grandes empresas, establécese un rateo máximo de axuda pública por emprego creado de 80.000 €, polo que a contía da subvención será a menor das seguintes:

  1. 0 45% do custo subvencionable.
  2. A contía resultante de multiplicar 80.000 € por cada posto de traballo creado polo proxecto.

Establécese unha axuda máxima por expediente de 3.000.000 de euros. A axuda máxima por entidade beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 5.000.000 de euros, salvo no caso que non houbese solicitudes alternativas.

5. Presentación de solicitudes


A presentación das solicitudes realizarase únicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.
Para poder facer a presentación electrónica a persoa representante da entidade solicitante deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

6. Prazo para a presentación da solicitude e procedemento de concesión


Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:

a) Convocatoria 2025.1: o prazo de presentación de solicitudes comezará o 4 de febreiro de 2025, as 9:00 horas, e rematará o 5 de maio de 2025 ás 23:59 horas.
b) Convocatoria 2025.2: o prazo de presentación de solicitudes comezará o 15 de maio de 2025, as 9:00 horas, e rematará o 15 de setembro de 2025 ás 23:59 horas.


A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva utilizando os seguinte criterios de baremación:
 

A) Criterios de xeración de emprego. Puntuación máxima do apartado 20 puntos.
B) Criterios Medioambientais. Puntuación máxima do apartado 40 puntos.
C) Criterios que incentiven a participación de pemes no proxecto, a formación e a súa localización nos concellos máis afectados polo peche da centrais térmicas. Puntuación máxima do apartado 20 puntos.
D) Grao de madurez do proxecto. Puntuación máxima do apartado 20 puntos.

7. Modelos de documentación da solicitude

- Declaración responsable da capacidade administrativa, financeira e operativa.
- Memoria técnica.
- Ficha de consumo PAE.
- Declaración responsable de non causar prexuízo significativo ao medio ambiente.
- Declaración responsable da protección fronte ao cambio climático.

- Guía Climate Proofing Galicia.

- Guía Climate Proofing_Galicia Mitigación

- Guía Climate Proofing_Galicia Adaptación

- Declaración responsable do cumprimento dos requisitos para grandes empresas.

8. Requirimentos de emenda

Segundo o artigo 21 das bases reguladoras da convocatoria, todas as notificacións realizaranse só por medios electrónicos, mediante o Sistema de Notificación Electrónica de Galicia - Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Este sistema remitirá as entidades interesadas avisos da posta a disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida,…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electrónicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).


9. Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Informe técnico da actuación realizada
- Memoria técnica de xustificación da publicidade dos Fondos de Transición Xusta.
- Instrucións de información para os beneficiarios de axudas procedentes dos Fondos de Transición Xusta.
- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3).
- Cartel de obra.

10. Acceso á aplicación informática


Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

11. Máis información

 

Para solicitar máis información pode contactar co Inega a través dos teléfonos: 981 957 436 / 981 541 537.

Últimas axudas

SUBVENCIÓNS ANO 2025 PARA PLANIFICACIÓN ENERXÉTICA DE ENTIDADES LOCAIS E COMUNIDADES ENERXÉTICAS

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN418E

Frechas enlace Frechas enlace

PLAN RENOVA O TEU VEHÍCULO

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN421T, IN421U

Frechas enlace Frechas enlace

SUBVENCIÓNS ANO 2025 PARA PROXECTOS DE MELLORA ENERXÉTICA DIRIXIDO A AUTÓNOMOS E PEMES DO SECTOR SERVIZOS (PROGRAMA BONO ENERXÍA PEME)

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN417Z

Frechas enlace Frechas enlace