SUBVENCIÓNS ANO 2025-2026 PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA NAS EMPRESAS GALEGAS

SUBVENCIÓNS ANO 2025-2026 PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA NAS EMPRESAS GALEGAS

Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2025

Código(s):

IN417Y

Concorrencia:

Non competitiva

Fondos:

FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional)

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 18 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2025, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2021-2027 (Código IN417Y).(DOG do 9 de xaneiro de 2025).

1. Conceptos subvencionables

Serán subvencionables aqueles proxectos con rateos de aforro enerxético anual iguais ou superiores aos indicados na seguinte táboa para cada liña:

Denominación da liña Proxectos subvencionables
PAPEME - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes 0,2 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible
PAGE - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible
PAE - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30% 0,1 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI
PAP - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas 0,2 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible

Para o paso de enerxía final a enerxía primaria utilizaranse os factores de paso establecidos no modelo de memoria técnica.

Os investimentos só poderán ser subvencionados sobre a base dunha auditoría enerxética (no caso de actuacións en edificios substituirase a auditoría enerxética polo certificado de eficiencia enerxética), cuxos resultados se plasmarán na memoria técnica da solicitude.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 15.000 euros, salvo no caso de proxectos de empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura onde o investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable establécese en 200.000,00, en ambos casos IVE non incluído.

As actuacións non poden estar iniciadas nin contratadas con anterioridade a data de presentación da solicitude de axuda.

Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.

2. Beneficiarios

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Aos efectos destas bases terase en conta a definición de empresa recollida no Anexo I do Regulamento 651/2014 segundo a cal considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, pública ou privada, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

3. Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as iniciadas con posterioridade a presentación da solicitude de axuda e terminadas antes da data limite para executar e xustificar o investimento será o 15 de setembro de 2026.

As actuacións non poden estar iniciadas nin contratadas con anterioridade a data de presentación da solicitude de axuda.

Enténdese por inicio dos traballos, conforme a definición recollida no artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014,  ou ben o inicio dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior; a merca de terreos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.

4. Contía máxima da axuda

A intensidade da axuda en función da normativa de aplicación será a seguinte:
a) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) 2023/2831 de minimis (empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura):  A contía da subvención será do 35 % do custe subvencionable da actuación para grandes empresas, do 45 % para medianas e do 55 % para pequenas.
b) Solicitudes destinadas a medidas de eficiencia enerxética en edificios: A contía da subvención será do 20 % do custe subvencionable da actuación para grandes empresas, do 30 % para medianas e do 40 % para pequenas.
c) Solicitudes destinadas a medidas de eficiencia enerxética distintas das dos edificios. A contía da subvención será do 35 % do custe subvencionable da actuación para grandes empresas, do 45 % para medianas e do 55 % para pequenas.
A axuda máxima por expediente ascende a 1.000.000 € salvo no caso de mínimis que está limitada a 300.000 €.
A axuda máxima por empresa beneficiaria será de 2.000.000 euros.

5. Presentación de solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.
Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

6. Prazo para a presentación da solicitude

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 17 de xaneiro ás 9:00 h e remata o 15 de setembro de 2025 as 23:59h.

7. Documentación complementaria solicitude

- Declaración de outorgamento de representación (Anexo II)
- Declaración Responsable da capacidade administrativa, financieira e operativa
- Declaración de non causar prexuizo significativo ao medio
- Guía de apoio para a implementación da proba climática de infraestruturas que facilite a DXCFE
Proxectos de aforro e eficiencia de iluminación
- Memoria técnica PAE-Iluminación
- Memoria técnica adicional edificios PAE
Proxectos de aforro e eficiencia
- Memoria técnica PAE
- Memoria técnica adicional edificios PAE
- Ficha de consumo PAE

8. Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 21 das bases reguladoras da convocatoria, todas as notificacións realizaranse por medios electrónicos, mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no apartado Notificacións electrónicas.


Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións a súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.


Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

9. Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Informe técnico da actuación realizada
- Declaración expresa de proxecto executado conforme á solicitude
- Memoria Xustificación Publicidade Fondos FEDER
- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3)
- Cartel de obra
- Certificado de finalización da instalación

10. Acceso á aplicación informática

Clique para acceder a la aplicación informática de cumplimentación y presentación de solicitudes.

11. Máis información

Para solicitar máis información pode contactar co Inega a través dos teléfonos:  881 04 92 10/ 981 54 15 14 /981 54 15 23

Últimas axudas

Programa MOVES III - incentivos á mobilidade eléctrica

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN421Q, IN421R

Frechas enlace Frechas enlace