SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2023 PARA CALDEIRAS DE BIOMASA, DESTINADAS A PARTICULARES - IN421P
SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2023 PARA CALDEIRAS DE BIOMASA, DESTINADAS A PARTICULARES - IN421P
Outras axudas
Inicio solicitude
Fin solicitude
Ano convocatoria
2023
Código(s):
IN421N, IN421P
Concorrencia:
-
Fondos:
Propios
A continuación se describen brevemente as características principais destas axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 20 de decembro de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para caldeiras de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se procede á convocatoria destas subvenciones para o ano 2023 (Códigos de procedementos: IN421N, IN421P). (Códigos de procedimientos: IN421N, IN421P). (DOG do 18 de xaneiro de 2023).
Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas. A listaxe actualizarase automaticamente segundo se remate o proceso de revisión das solicitudes de adhesión presentadas.
Resolución de 9 de febreiro de 2024 do Instituto Enerxético de Galicia pola que se da publicidade ás axudas concedidas ó abeiro da Resolución de 20 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para caldeiras de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede a súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento IN421N e IN421P). (DOG do 16 de febreiro de 2024)
1. Beneficiarios
a) Persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble residencial, sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.
2. Dotación da axuda
TIPOLOXÍA | ORZAMENTO | FONDOS |
Caldeiras de Biomasa | 1.500.000 € | Propios |
3. Período de actuacións subvencionables
Coa finalidade de fomentar a utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 2 de outubro de 2023.
4. Presentación solicitude beneficiarios
As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
TIPOLOXIA | INICIO SOLICITUDE |
Biomasa | 1 de marzo as 9.00h |
Fin solicitude: 29 de xuño de 2023
5. Documentación mínima necesaria para a tramitación do procedemento
- Solicitude de axuda - anexo IV
- Autorización para a representación - anexo V
- Memoria técnica da actuación, segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal)
6. Intensidade da axuda e contía máxima
- A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada pola características do sistema de conformidade ó disposto no artigo 5 das bases da convocatoria.
- A contía da axuda será do 50% do investimento elixible da instalación.
- A contía máxima por proxecto será de 8.000 €.
- Para o cálculo da axuda establecese unha potencia máxima elixible por vivenda de 85 W/m2 por superficie construída que conste na ficha do catastro, (consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais do ben inmoble).
7. Documentación complementaria
- Anexo V - modelo Representación
- Anexo VI - modelo Declaración compromisos membros da agrupación de persoas físicas
- Anexo X - Declaración otras ayudas
- Informe Técnico actualización realizada
8. Acceso á aplicación informática
Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.
9. Máis información
Para máis información poden contactar co Inega a través dos teléfonos:
- Parte técnica: 981 541 530, 981 541 524
- Parte administrativa: 981 541 510