Subvencións correspondentes aos programas incentivos 1, 2 e 3 do RD 477/2021, vinculados ao autoconsumo e ao almacenamiento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia europeo - IN421W

Subvencións correspondentes aos programas incentivos 1, 2 e 3 do RD 477/2021, vinculados ao autoconsumo e ao almacenamiento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia europeo - IN421W

Xunta de Galicia, Xacobeo Outros logos
Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2021

Código(s):

IN421W

Concorrencia:

Non competitiva

Fondos:

MRR (Mecanismo de Recuperación e Resiliencia)

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 29 de setembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria de axudas correspondentes ás anualidades 2021-2023 para os programas 1, 2 e 3 de incentivos de autoconsumo e almacenamento de acordo coas bases reguladoras previstas no Real Decreto 477/2021 publicado no BOE número 155, do 30 de xuño de 2021 e o Real Decreto 377/2022, do 17 de maio polo que se amplía a tipoloxía de beneficiarios do Real Decreto 477/2021 e do Real Decreto 1124/2021 do 21 de decembro. (BOE Nº 118 do 18 de maio de 2022) (código de procedemento IN421W). (DOG do 6 de outubro do 2021).

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (código de procedemento IN421W).(DOG do 17 de febreiro do 2022).

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 29 de setembro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN421W), modificada previamente pola Resolución do 9 de febreiro de 2022.(DOG do 1 de agosto do 2022).

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023 pola que se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 29 de setembro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN421W). (DOG do 21 de xuño do 2023).

Real Decreto 1178/2023, do 27 de decembro, polo que se modifica a normativa reguladora e adáptanse ao marco europeo de axudas de Estado determinados programas de axudas de rehabilitación enerxética e enerxías renovables do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, publicado o día 28 de decembro no BOE Núm. 310.

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (código de procedemento IN421W). (DOG do 19 de febreiro do 2024)

Anexo I: Subvencións concedidas no procedemento IN421W ata o 31 de decembro de 2023  - listaxe de beneficiarios

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 29 de setembro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas incentivos 1, 2 e 3
vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (código de procedemento IN421W).(DOG do 7 de Marzo de 2024)

Programa de incentivos 1: Realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, no sector servizos, con ou sen almacenamento.

Programa de incentivos 2: Realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, noutros sectores produtivos da economía, con ou sen almacenamento.

Programa de incentivos 3: Incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, xa existentes no sector servizos e noutros sectores produtivos.

Tamén se consideran actuacións subvencionables, dentro dos anteriores programas de incentivos, as instalacións illadas da rede non reguladas no Real Decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica, realizadas nos sectores de aplicación de cada un deles.

A selección dos proxectos que recibirán axuda realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión de axudas.

1. Beneficiarios

Os destinatarios últimos das axudas establecidas na Resolución do 29 de setembro de 2021 serán os previstos no artigo 11 do Real Decreto 477/2021, do 29 de xuño de 2021. Sendo os principais beneficiarios os indicados a continuación:

- Empresas, incluíndo as empresas de servizos enerxéticos.

- Xestores de polígonos industriais.

- Persoas xurídicas ou agrupacións de empresas que realicen actividades económicas.

- Entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades económicas.

- Comunidades de enerxías renovables e comunidades cidadás de enerxía.

- Persoas físicas que realicen unha actividade económica (autónomos).

2. Dotación presupuestaria

Importe 2022 (€) Importe 2023 (€) Importe 2024 (€) TOTAL (€)
294.960,71 30.143.783,49 5.168.163,80 35.606.908,00

3. Período de actuacións subvencionables

 Considéranse actuacións subvencionables as realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda. A data límite para executar e xustificar o investimento será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución da concesión.

4. Presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será:

Inicio: 21 de outubro de 2021 ás 9:00.
Fin: 31 de decembro de 2023.

A presentación das solicitudes só admitirase mediante tramitación electrónica.

Os interesados presentarán as solicitudes a través da aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electronicamente, xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Acceso á aplicación de enchemento e presentación de solicitudes de axuda.

5. Documentación mínima necesaria para a presentación de solicitudes

- Formulario normalizado accesible desde a aplicación informática (Anexo I).

- Autorización para a representación (Anexo II), salvo persoas físicas ou xurídicas que presenten directamente co seu certificado dixital.

- Oferta do proxecto. Serán tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE/IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €.

Ademais, as persoas interesadas deberán achegar a documentación complementaria prevista no artigo 6 da Resolución do 29 de setembro de 2021.

6. Proxectos subvencionables

Para os programas de incentivos 1 e 2, a subvención máxima a percibir corresponderase cos 5 primeiros MW de potencia da instalación.

Os proxectos que se subvencionen serán:

- Para os programas de incentivos 1 e 2, as instalacións de fotovoltaica e/ou eólica para autoconsumo, con ou sen almacenamento.

- Para o programa de incentivo 3, a incorporación de almacenamento en instalacións de fotovoltaica e/ou eólica existentes..

Consideraranse elegibles as instalacións de almacenamento que cumpran as seguintes características:

- Non pode estar conectado directamente á rede.

- Cociente de capacidade / potencia xerada ≤ 5 kWh/kW salvo instalacións illadas da rede.

- As tecnoloxías chumbo-acedo non serán elexibles.

 Todas as instalacións deberán contar cun sistema de monitoraxe da enerxía eléctrica producida pola instalación obxecto de subvención.

7. Intensidade da axuda

As porcentaxes de axuda calcularanse segundo o establecido no Anexo III do RD 477/2021, en función da tecnoloxía renovable empregada e a potencia de xeración.

PROGRAMA DE INCENTIVOS 1 Y 2
TECNOLOXÍA RENOVABLE POTENCIA % AXUDA
Gran Empresa Mediana Empresa Pequena Empresa
FOTOVOLTAICA 10 KWp < P ≤ 5000 KWp 15% 25% 35%
P ≤ 10 KWp 15% 25% 45%
EÓLICA 500 < P ≤ 5000 KWp 20% 30% 40%
P ≤ 500 KW 30% 40% 50%
PROGRAMA DE INCENTIVOS 1, 2 e 3
ALMACENAMENTO POTENCIA % AXUDA
Gran Empresa Mediana Empresa Pequeña Empresa
ALMACENAMENTO P ≤ 5000 KWp 45% 55% 65%

Considéranse tamén as seguintes axudas adicionais:

ADICIONAIS AXUDA
ELIMINACIÓN AMIANTO NA CUBERTA 210 - 450 - 660 €/KWp (en función da potencia)
INSTALACIÓN MARQUESINA 500 €/KWp
RETO DEMOGRÁFICO +5% adicional (*)

(*) Concellos de ata 5,000 habitantes ou municipios non urbanos de ata 20,000 habitantes cuxos núcleos urbanos teñan unha poboación igual ou menor a 5,000 habitantes, segundo Anexo III A4.

8. Modelos de documentos

Documentación de Representación (Anexo II).

Renuncia (Anexo III).

- Solicitude de modificación do proxecto (Anexo IV).

- Solicitude de pago (Anexo V).

Memoria técnica para cada tipoloxía do proxecto [versión 2].

Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar dano significativo_Modelo IDAE [Versión 2]

Declaración responsable do almacenamento non conectado á rede.

Declaración de compromiso, de cesión e tratamento de datos e de ausencia de conflito (Anexo VI).

Informe para aquelas instalacións que superen os 100kW de potencia_modelo IDAE [Versión 3]

Informe xustificativo para cada tipoloxía do proxecto

- Carteis publicitarios: Actuacións de xeración con enerxías renovables / Actuacións de almacenamento / Actuacións de xeración enerxías renovables con almacenamento.

Memoria xustificativa publicidade

9. Información adicional

Pódese obter máis información a través dos seguintes medios:

- Na páxina web do Inega https://www.inega.gal e no correo electrónico inega.info [at] xunta.gal (inega[dot]info[at]xunta[dot]gal)

- Nos teléfonos: 981 569 668 / 981 541 584 / 981 541 522

Resposta a preguntas frecuentes do IDAE

Listaxe dos concellos que cumpren reto demográfico

Manual de imaxe

Últimas axudas

Plan Renova o teu vehículo
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN421T, IN421U

Frechas enlace Frechas enlace
Subvencións renovación de electrodomésticos
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN414B, IN414C

Frechas enlace Frechas enlace
Proxectos de instalacións de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público (RD 1124/2021)
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN422O

Frechas enlace Frechas enlace