PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA 2024-2025 IN421S

PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA 2024-2025 IN421S

Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2024

Código(s):

IN421S

Concorrencia:

Competitiva

Fondos:

FEDER

A continuación descríbense brevemente as características principais destas axudas, aínda que a información que se considera oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024 susceptibles de cofinanciación pola Unión Europea no marco do Programa de Galicia FEDER 2021-2027 (Código de procedemento administrativo IN421S) (DOG do 19 de Marzo de 2024)

1. Beneficiarios

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos; incluídas as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. 

2. Dotación da axuda

A dotación orzamentaria será de 5.524.800 € coa seguinte desagregación por tipo de beneficiario

Beneficiarios axudas Anualidade 2024 Anualidade 2025 Importe asignado
Empresas 1.800.000€ 2.500.000€ 4.300.000€
Administración local 160.000€ 840.000€ 1.000.000€
Entidades sen ánimo de lucro 40.000€ 184.800€ 224.800€
Total 2.000.000€ 3.524.800€ 5.524.80€

3. Período de actuacións subvencionables

O prazo de execución iniciarase unha vez  presentada a solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 15 de outubro de 2024, para solicitudes con proxectos a realizar ata esta data, e o 30 de setembro de 2025, para solicitudes con proxectos a realizar ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de pagamento. As accións realizadas entre o 16 de outubro de 2024 e o 31 de decembro de 2024 poderán ser imputadas ao 2025.

4. Presentación de solicitudes

Só se admite a tramitación electrónica.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación no DOG:

TIPOLOXÍAS INICIO DE SOLICITUDES FIN DE SOLICITUDES
Fotovoltaica 20 de Marzo de 2024 as 09:00 horas  19 de Abril de 2024 as 23:59 horas

5. Réxime da convocatoria

Concorrencia competitiva cos seguintes criterios de valoración:

  • Características técnicas
  • Grao de autoconsumo da  instalación
  • Repercusión enerxética da axuda concedida

6. Custes elixibles

O investimento elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada polas características do sistema de conformidade ao disposto no artigo 7 das bases da convocatoria
 

Potencia pico en paneis (kWp) €/kWp (sen IVE) 
P<= 3 kWp 1950 
3 <P<= 6 kWp 2400-150* P 
6 <P<=20 kWp 1680-30* P
20 <P<=100 kWp 1140- 3* P
P >= 100 kWp 750

 

Baterías de litio: 750 €/kWp.
A potencia máxima da instalación será de 1.000 kWp
As baterías de chumbo-ácido non son elixibles

7. Contía da axuda

A porcentaxe da axuda dependerá do tamaño da empresa e do beneficiario e axuda calcularase en función dos custes elixibles.
 

Beneficiarios Porcentaxe de axuda
Entidades locais 60%
Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade  económica) 60%
Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica

Grande empresa 20%

Mediana empresa 30%

Pequena empresa 40%

A contía máxima da axuda por proxecto será de 50.000 €

8. Documentación complementaria

Memoria técnica fotovoltaica

Declaración responsable do tamaño da empresa

Nomeamento de representante

Declaración accesibilidade

Declaración DNSH

9. Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes de axuda

10. Documentación fase de xustificación

Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuíxo significativo ao medio ambiente

11. Máis información

Para máis información poden contactar co Inega a través dos teléfonos:

981-541538
 

Últimas axudas

PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES ELÉCTRICAS E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PRODUCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN421L

Frechas enlace Frechas enlace
Planificación enerxética de concellos e comunidades enerxéticas
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN418E

Frechas enlace Frechas enlace
Subvencións renovación de electrodomésticos
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN414B, IN414C

Frechas enlace Frechas enlace