Subvenciones ano 2019-2020 Programa Estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e gran empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria en Galicia) - IN421V

Subvenciones ano 2019-2020 Programa Estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e gran empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria en Galicia) - IN421V

Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2019

Código(s):

IN421V

Concorrencia:

Non competitiva

Fondos:

FNEE (Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética), potencialmente FEDER - POPE

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 8 de agosto de 2019 da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (Código de procedemento IN421V). (DOG do 22 de agosto do 2019). Bases da convocatoria (BOE do 13 de abril do 2019).

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 sobre a ampliación dos prazos establecidos nos artigos 7 e 21 da Resolución do 8 de agosto de 2019, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e gran empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (Diario Oficial de Galicia número 158, do 22 de agosto). (DOG do 30 de decembro do 2020). (BOE do 30 de decembro do 2020).

REAL DECRETO 440/2021, do 22 de xuño, por o que se modifica o REAL DECRETO 263/2019, do 12 de abril, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial. (BOE do 23 de xuño do 2021).

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e gran empresa do sector industrial (Programa actuacións de eficiencia enerxética en industria), anualidade 2019-2020 (Diario Oficial de Galicia número 158, do 22 de agosto), modificada previamente pola Resolución do 28 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 261, do 30 de decembro).(DOG do 26 de outubro do 2021).

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (código de procedemento IN421V).(DOG do 22 de novembro do 2022).

Real Decreto 406/2023, do 29 de maio, polo que se modifican o Real Decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se aproba a concesión directa de axudas ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Europeo; o Real Decreto 1124/2021, do 21 de decembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a execución dos programas de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia; e o Real Decreto 263/2019, do 12 de abril, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial.(BOE do 31 de marzo de 2023).

1. Conceptos subvencionables

Poderán obter dereito a subvención aquelas actuacións que cumpran o establecido no Anexo IV do Real Decreto 263/2019 de 12 de abril e se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Medida 1: Mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais.
Medida 2: Implantación de sistemas de xestión enerxética.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 100.000 euros por actuación para a Medida 1, Mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais, e de 50.000 euros por actuación no caso da Medida 2, Implantación de sistemas de xestión enerxética. En ambos casos IVE non incluído.

Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude contemplará un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas executadas nun mesmo emprazamento e que se valorarán de xeito conxunto.

2. Características das axudas

- Orzamento: 30,7 M€.
- Financiado co FNEE (Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética) e co FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).
- Concorrencia non competitiva, asignándose os fondos por orde de chegada.

Consultar as estatísticas de solicitudes do Programa estatal para actuacións enerxéticas en PEME e gran empresa do sector industrial

3. Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezou o día 12 de setembro ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 30 de xuño de 2024.

So se admite a presentación electrónica. Documentación obligatoria

Os interesados realizarán ás solicitudes a través da aplicación informática habilitada para encher os formularios normalizados e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Para formular a solicitude, ademais de encher o correspondente formulario cos datos de identificación do solicitante e xerais da actuación (Solicitude de axuda - Anexo I), deberase aportar a través da aplicación, a seguinte documentación mínima:
- Autorización para a representación – Anexo II (salvo persoas físicas ou xurídicas que presenten directamente co seu certificado dixital).
- Tres ofertas de distintos proveedores ou aló menos unha memoria xustificativa de que non existen no mercado máis provedores que produzan o equipo ou presten o servizo.

Non se permitirá a presentación de solicitudes que non acheguen os documentos indicados anteriormente.

4. Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
 
a) Empresas que teñan a consideración de PEME ou Gran empresa do sector industrial, cuxo CNAE 2009 comece pola División da 07 a 39, excluídas as que comecen pola División 12 e 34, sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecementos permanente no territorio da comunidade autónoma de Galicia.
 
b) As empresas de servizos enerxéticos entendendo como tal a definición máis ampla posible das organizacións que aporten este tipo de servizos. Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha das empresas que se indican no apartado a), repercutindo en todo caso a axuda prevista neste programa á empresa onde se execute o proxecto.

5. Período de execución e xustificación actuacións subvencionables

O prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda e rematará en 24 meses contados dende a data de notificación da resolución de concesión. En casos excepcionais derivados de circunstancias imprevisibles debidamente xustificadas poderase ampliar o citado prazo ata un máximo de 30 meses contados dende a data de notificación da resolución de concesión.

A xustificación por parte dos destinatarios últimos da execución das actuacións obxecto de axuda deberá realizarse ante o órgano instrutor nun prazo máximo de tres meses dende a finalización do prazo máximo concedido para a execución das actuacións.

6. Contía máxima das axudas

A contía das axudas para cada unha das actuacións ven establecida no Anexo I do Real Decreto 263/2019, de 12 de abril, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial. A contía da axuda será o mínimo entre o 30 % do investimento elixible do proxecto e a cantidade que resulte de aplicar ao custo subvencionable o 35% para gran empresa, o 45% para mediana empresa e o 55% para pequena empresa.

Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 1.000.000 euros. Poderase aumentar a axuda máxima por proxecto ata 2.000.000 euros en aquelas actuacións que en fase de solicitude xustifiquen a consecución de elevados niveis de aforro enerxético. Na seguinte táboa establecese o valor máximo de axuda en función do aforro enerxético anual xustificado. 

Aforro enerxético anual Axuda máxima (€)
AE<500 tep/ano 1.000.000
AE≥500 tep/ano 2.000 x AE

Onde AE = Aforro enerxético anual en (tep/ano) xustificado en fase solicitude.

7. Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 13 da convocatoria, calquera notificación realizarase a través de medios electrónicos e en concreto os requirimentos electrónicos faranse da seguinte maneira:

- Enviarase ó interesado ó enderezo de correo electrónico que facilite no formulario de solicitude un aviso no que se lle indique a posta a disposición da notificación de emenda electrónica.
- Poderá acceder á citada notificación no taboleiro electrónico dispoñible na aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante.
- O interesado presentará a documentación que se lle requira a través da aplicación co seu usuario e contrasinal e con certificado dixital.

8. Documentación complementaria solicitude

Autorización para a representación (Anexo II)

Memoria técnica PAEI

Memoria técnica PAEI ILU

Ficha de consumos PAEI

9. Documentación complementaria xustificación

Declaración proxecto executado

Memoria técnica xustificativa

Informe Organismo de Control

Formulario resumo informe auditor

Memoria xustificación publicidade

Modelo cartel publicidade

Manual de imaxe do programa

10. Modelos de documentación

Renuncia (Anexo III).

Solicitude de Modificación do Proxecto (Anexo V).

Modelo declaración sobre ofertas.

Formulario de Solicitude de Anticipo.

11. Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 12 de setembro ás 9:00h e permanecerá aberto ata o o 30 de xuño de 2024.

12. Máis información

Para solicitar máis información pode poñerse en contacto nos teléfonos: 981 541 528 e 981 541 544

Últimas axudas

PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES ELÉCTRICAS E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PRODUCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN421L

Frechas enlace Frechas enlace
Planificación enerxética de concellos e comunidades enerxéticas
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN418E

Frechas enlace Frechas enlace
Subvencións renovación de electrodomésticos
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN414B, IN414C

Frechas enlace Frechas enlace