Subvencións ano 2024 para planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas - IN418E

Subvencións ano 2024 para planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas - IN418E

Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2024

Código(s):

IN418E

Concorrencia:

Non competitiva

Fondos:

Propios

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 14 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas (Código IN418E). (DOG do 27 de decembro de 2023).

Consultar as estatísticas da convocatoria.

1. Conceptos subvencionables

Son proxectos subvencionables as actuacións que se detallan a continuación en función da tipoloxía de solicitante:

a) Planificación enerxética de concellos ou agrupacións de concellos: Contratación dos servizos xurídicos e/ou técnicos precisos para a mellora da planificación enerxética e contratación das subministracións enerxéticas das entidades locais. Como resultado debe obterse:
-    Un Estudo Estratéxico para a subministración enerxética da entidade local no que se contemple a promoción do aforro enerxético. 
-    Publicación no perfil do órgano de contratación, cando legalmente proceda, dun proceso de contratación centralizada de subministración enerxética, que aglutine cando menos aos concellos agrupados na solicitude ou representados pola entidade local. 
No caso de entidades locais que non sexan concellos a actuación será subvencionable en canto os servizos de planificación enerxética  se dirixan aos concellos que represente a entidade local e conten co acordo do concello para a solicitude da axuda.

No caso de concellos sen agrupar só poderán acceder á axuda se os pregos publicados permiten a adhesión ao contrato doutros concellos ou entidades públicas. Os concellos  teñen que participar con alo menos unha das súas subministración nos pregos que se elaboren conxuntamente e  posteriormente se publiquen, ou perderán o dereito o cobramento da axuda.

b) Planificación enerxética de comunidades enerxéticas constituídas ou en fase de constitución:
Contratación dos servizos de asistencia técnica e/ou xurídica precisos para a definición das infraestruturas enerxéticas necesarias e a definición, elaboración ou ampliación dos estatutos que rexen ou rexerán a operativa e xestión da Comunidade Enerxética a partires da súa constitución.

Contratación dos servizos de asistencia técnica e/ou xurídica precisos para a definición das infraestruturas enerxéticas necesarias e a definición, elaboración ou ampliación dos estatutos que rexen ou rexerán a operativa e xestión da Comunidade Enerxética a partires da súa constitución. Co obxecto de contribuír a sostibilidade da comunidade enerxética está deberá dispor dun estudo de viabilidade económica na que se avalíen cando menos os investimentos a realizar, a financiación destes, os costes operativos e os ingresos previstos nun horizonte temporal mínimo de 10 anos. Serán subvencionables os custos do estudo de viabilidade económica e tamén os custos de actuacións de difusión para a captación de socios.
Como resultado debe obterse:
-    No seu caso, estatutos e acta de constitución da CE.
-    Anteproxecto das infraestruturas enerxéticas previstas.
-    Estudo de viabilidade económica da Comunidade Enerxética.
-    Cando proceda, memoria descritiva das actuacións de difusión.

2. Listaxe de empresas interesadas en prestar servizos de Planificación Enerxética

Os solicitantes poden escoller libremente as empresas que os asesoren. No seguinte link pode consultar a “Listaxe de empresas interesadas en prestar servizos de planificación  enerxética ás entidades locais e comunidades enerxéticas” elaborada polo Inega coa finalidade de facilitar o contacto entre solicitantes e provedores, pero que en ningún caso debe entenderse como garantía do Inega da calidade dos traballos resultantes, cuxa responsabilidade corresponde ás partes.

Para solicitar a inclusión na citada listaxe debe remitirse ao Inega, a través do seguinte link,  o Anexo IV da resolución en calquera momento desde a publicación da resolución e antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes de axuda.

3. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións as seguintes persoas en función do tipo de actuación:

a) Planificación enerxética de concellos: as entidades que integran a Administración local conforme ó artigo 3 da Lei 7/1985, reguladora das Bases do Réxime Local ou as agrupacións das entidades anteriores en base a un acordo marco no que se especifique en que porcentaxe participa cada unha e se estableza unha persoa única a efectos de notificación.

b) Planificación enerxética de comunidades enerxéticas: comunidades enerxéticas xa constituídas e con residencia ou establecemento en Galicia. Sen prexuízo de que podan presentar solicitudes de axuda previas á constitución da comunidade enerxética sempre e cando formalicen a constitución antes da finalización do período de xustificación.

4. Período de actuacións subvencionables

Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2024.

5. Contía máxima da axuda

A intensidade de axuda en función do tipo de actuación será á que se determina a continuación:

a) Planificación enerxética a concellos: a intensidade de axuda dependerá dos concellos que aporten subministracións enerxéticas ao contrato centralizado segundo o establecido na seguinte táboa:

Agrupación de concellos  Intensidade da axuda
Sen agrupar  30%
De 2 a 5 concellos  50%
Máis de 6 concellos 70%

  

No caso de concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes incrementarase a intensidade de axuda un 20 %. Incrementarase un 10 % adicional a concellos fusionados ou emprendedores (o aumento de intensidade de axuda por concello emprendedor non é acumulable co incremento por concello fusionado)."
No caso de concellos sen agrupar só poderán acceder a axuda se os pregos publicados permiten a adhesión ao contrato doutros concellos ou entidades públicas.
No caso de entidades locais que non sexan concellos, a intensidade de axuda se calculará en función dos concellos aos que represente.

Establécese unha axuda máxima de 15.000 € por concello. No caso de acordo marco entre varios concellos a axuda máxima aplicarase individualmente a cada concello da agrupación. No caso de entidades locais que representen a varios concellos aplicarase unha axuda máxima de 15.000 € por cada concello que represente a entidade local e que aporte subministracións enerxéticas da súa titularidade ao contrato centralizado cun máximo de 150.000 € por expediente.

b) Planificación enerxética de comunidades enerxéticas: a intensidade da axuda será do 80 % do custe elixible da actuación  cun máximo de 15.000 € de axuda por solicitude

6. Presentación de solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

7. Prazo para a presentación da solicitude

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 18 de xaneiro ás 9:00 h e remata o 15 de maio de 2024.

8. Modelos documentación solicitude

- Memoria técnica de Planificación Enerxética

- Autorización para representación

9. Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Modelo de declaración de actuación executada
- Anexo III de Renuncia

10. Notificacións

Segundo o artigo 19 das bases reguladoras da convocatoria, todas as notificacións realizaranse por medios electrónicos, mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no apartado Notificacións electrónicas.

Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións a súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (https://www.inega.gal).

11. Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

12. Máis información

Para solicitar máis información poden poñerse en contacto nos teléfonos: 981 54 15 39 / 981 54 15 14.

Últimas axudas

PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES ELÉCTRICAS E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PRODUCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN421L

Frechas enlace Frechas enlace
Subvencións renovación de electrodomésticos
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN414B, IN414C

Frechas enlace Frechas enlace
Proxectos de instalacións de enerxías renovables térmicas nos sectores industrial, agropecuario, servizos e administracións públicas (RD 1124/2021)
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN422N

Frechas enlace Frechas enlace