Subvencións ano 2025 para mobilidade eléctrica (Programa MOVES III en Galicia) - IN421Q, IN421R
Subvencións ano 2025 para mobilidade eléctrica (Programa MOVES III en Galicia) - IN421Q, IN421R
Acceso rápido
- 1. Conceptos subvencionables
- 2. Beneficiarios
- 3. Período de actuacións subvencionables
- 4. Presentación da solicitude de axuda
- 5. Documentación necesaria para presentar a solicitude
- 6. Solicitude de adhesión de entidades colaboradoras
- 7. Proceso de solicitude de adhesión de entidades colaboradoras
- 8. Contía máxima da axuda
- 9. Prazo de execución e xustificación
- 10. Documentación complementaria solicitude
- 11. Tramitación e notificacións
- 12. Modelos de documentos para a xustificación do investimento
- 13. Modelos de documentos
- 14. Acceso á aplicación informática
- 15. Máis información
Outras axudas
Inicio solicitude
Fin solicitude
Ano convocatoria
2025
Código(s):
IN421Q, IN421R
Concorrencia:
Non competitiva
Fondos:
Orzamentos xerais do Estado
Inicio do prazo de solicitude de adhesión de entidades colaboradoras: Dende o 1 de xullo de 2025. Salvo renuncia expresa as entidades adheridas ao MOVES III consideraranse automaticamente integradas no MOVES III_2025, sen necesidade de presentar nova solicitude.
Consulta do estado das solicitude polos beneficiarios.
Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas.
As axudas obxecto desta convocatoria enmárcanse no programa de incentivos ligados a mobilidade eléctrica (MOVES III_2025) regulado polo Real decreto-lei 3/2025, de 1 de abril, para contribuír á descarbonización do sector do transporte. Este Real decreto-lei, define as actuacións subvencionables segundo o artigo 13 do Real Decreto 266/2021, de 13 de abril.
A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas en réxime de concorrencia non competitiva, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada no DOG. A convocatoria rexerase polo establecido na Resolución da dirección do Inega de 26 de xullo de 2021 agás naqueles aspectos que se dispoñan expresamente de forma distinta na presente resolución Resolución do 26 de xuño de 2025 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (Programa MOVES III_2025) (Procedementos IN421Q, IN421R) (DOG do 30 de xuño de 2025).
O Real decreto 266/2021 foi modificado por Real Decreto 36/2023, do 24 de xaneiro, Real decreto 406/2023, do 29 de maio, Real decreto 821/2023, do 14 de novembro e polo Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño.
A Resolución do Inega do 26 de xullo de 2021 pola que se convoca o Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (MOVES III) foi modificada con cambios que afecten a presente resolución pola Resolución do 21 de outubro de 2021 (DOG número 207, do 27 de outubro); pola Resolución do 12 de xuño de 2023 (DOG número 116, do 20 de xuño) e pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (DOG número 243, do 26 de decembro).
1. Conceptos subvencionables
- Programa de incentivos 1: Adquisición de vehículos eléctricos “enchufables” e de pila de combustible.
Pode consultar no seguinte link os vehículos subvencionables: http://coches.idae.es/base-datos/vehiculos-elegibles-programa-MOVES-III
- Programa de incentivos 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
TIPO DE ACTUACIÓN | ORZAMENTO TOTAL |
---|---|
Programa de incentivos 1: Adquisición de vehículos eléctricos | 11.782.179,21€ |
Programa de incentivos 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos | 7.854.786,14€ |
TOTAL | 19.636.965,35€ |
2. Beneficiarios
Para o Programa de incentivos I poderán ser beneficiarios os seguintes suxeitos sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia ou ben adquiran o vehículo nun concesionario ou punto de venda situado en Galicia. Para o Programa de incentivos II poderán ser beneficiarios os suxeitos que se enumeran a continuación cando a actuación subvencionada se desenvolva no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:
- Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas. |
- Persoas físicas. |
-Comunidades de propietarios. |
-Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF, comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R, ou W. Tamén as Entidades de Conservación de Polígonos ou Sociedades Agrarias de Transformación cuxo NIF comece por V. |
-Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración Pública. |
3. Período de actuacións subvencionables
Para persoas físicas, profesionais autónomos, comunidades de propietarios e sector público ou PEME que no Programa de incentivos II opten por acollerse ao réxime de minimis o período de actuacións subvencionables comeza o día 1 de xaneiro de 2025 e remata o 31 de decembro do ano 2026.
Para o resto de beneficiarios, considéranse actuacións subvencionables as iniciadas unha vez presentada a solicitude de axuda e rematadas antes do 31 de decembro do ano 2026. A execución do proxecto non pode estar contratada con data anterior a presentación da solicitude de axuda.
4. Presentación da solicitude de axuda
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible dende a Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, https://www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.
Poderá facer a presentación electrónica:
• Para o Programa de incentivos 1: Os concesionarios adheridos como entidade colaboradora. As entidades públicas poderán solicitar directamente.
• Para o Programa de incentivos 2: As empresas instaladoras adheridas como entidade colaboradora. As entidades públicas ou as empresas con actividade de estacións de servizos poderán solicitar directamente.
5. Documentación necesaria para presentar a solicitude
Para formular a solicitude, ademais de encher o correspondente formulario cos datos de identificación do solicitante e xerais da actuación (Anexo III de solicitude), deberase aportar a través da aplicación, a seguinte documentación mínima:
a) Solicitude de axuda - Anexo III
b) Autorización para a representación - Anexo IV, salvo persoas físicas ou xurídicas que presenten directamente co seu certificado dixital.
c) Presentación da oferta do proxecto que se pretende levar a cabo. Achegaranse tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €, salvo para o Programa de incentivos 1.
6. Solicitude de adhesión de entidades colaboradoras
Poderán ser entidades colaboradoras:
1º Para o Programa de incentivos 1: Os concesionarios ou puntos de venta cuxo epígrafe da sección primeira das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa 615.1 Comercio ao por maior de vehículos, motocicletas, bicicletas e os seus accesorios, ou 654.1 comercio ao por menor de vehículos terrestres.
2º Para o Programa de incentivos 2: As empresas con actividade de instalación de baixa tensión. Será necesario que estas empresas estean dadas de alta na Consellería competente en materia de industria como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (procedemento IN609A).
7. Proceso de solicitude de adhesión de entidades colaboradoras
Salvo renuncia expresa as entidades adheridas ao Moves III consideraranse automaticamente integradas no MOVES III_2025, sen necesidade de presentar nova solicitude.
Adhesión común (alta de novas entidades colaboradoras):
a.- A primeira vez que a entidade colaboradora acceda a aplicación asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.
b.- A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) para encher a solicitude de adhesión (Anexo I) e o convenio de colaboración (Anexo II), xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos -o segundo por duplicado-.
Unha vez xerada a solicitude normalizada (Anexo I), deberá presentala por vía electrónica.
8. Contía máxima da axuda
Programa de incentivos 1: Adquisición de vehículos eléctricos
A contía da axuda será a establecida na seguinte táboa:
Motorización | Categoría | Autonomía (km) |
Límite prezo venta vehículo (€) | Axuda persoas físicas, autónomos, comunidades de propietarios e sector público(€) (1) | Axuda PEME (€) | Axuda Gran Empresa (€) | |||
Achatarramento | Achatarramento | Achatarramento | |||||||
Non | Si | Non | Si | Non | Si | ||||
Pila de combustible (FCV, FCHV) | M1 | NP | NP | 4.500 | 7.000 | 2.900 | 4.000 | 2.200 | 3.000 |
PHEV, EREV, BEV | Maior ou igual de 30 e menor de 90 | 45.000 (53.000) (2) | 2.500 | 5.000 | 1.700 | 2.300 | 1.600 | 2.200 | |
Maior ou igual de 90 | 4.500 | 7.000 | 2.900 | 4.000 | 2.200 | 3.000 | |||
PHEV, EREV, BEV, Pila de combustible (FCV, FCHV) |
N1 | Maior ou igual de 30 | NP | 7.000 | 9.000 | 3.600 | 5.000 | 2.900 | 4.000 |
BEV | L6e | NP | NP | 1.400 | 1.600 | 800 | 1.000 | 800 | 1.000 |
L7e | NP | NP | 1.800 | 2.000 | 1.200 | 1.500 | 1.200 | 1.500 | |
L3e, L4e, L5e, con P≥3kW | Maior o igual de 70 | 10.000 | 1.100 | 1.300 | 750 | 950 | 700 | 900 |
NP = Non Procede
(1) Para persoas físicas e autónomos increméntase un 10% a axuda se cumpren algún dos seguintes requisitos: Discapacidade por mobilidade reducida e vehículo adaptado para a condución, uso do vehículo como taxi/VTC ou residencia nun concello con menos de 5.000 habitantes.
(2) 53.000 para vehículos BEV de 8 ou 9 prazas.
Programa de incentivos 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
Destinatarios últimos | Axuda (% custe subvencionable) | |
Localización xeral | Concellos de < 5.000 habitantes | |
Autónomos, particulares, comunidades de propietarios e administración para uso privado | 70% | 80% |
Grandes empresas | 20% | 20% |
Medianas empresas acollidas ao Regulamento (UE) 2023/2831 de mínimis | Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 45% Resto instalacións: 30 % | Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 50% Resto instalacións: 40% |
Medianas empresas acollidas ao Regulamento (UE) 651/2014 de axudas compatibles por categoría | Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 40% Resto instalacións: 30% | 40 % |
Pequenas empresas acollidas ao Regulamento (UE) 2023/2831 de mínimis | Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 55% Resto instalacións: 30 % | Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 60% Resto instalacións: 40% |
Pequenas empresas acollidas ao Regulamento (UE) 651/2014 de axudas compatibles por categoría | Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 50% Resto instalacións: 30% | Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 50 % Resto instalacións: 40% |
Para administración con actividade económica aplicaranse as intensidades de axuda que correspondan segundo se asimilen a pequenas, medianas ou grandes empresas.
9. Prazo de execución e xustificación
O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións finaliza o 31 de decembro de 2026.
Para persoas físicas, profesionais autónomos, comunidades de propietarios, sector público ou PEME que no Programa de incentivos II opten por acollerse ao réxime de minimis o período de actuacións subvencionables comeza o día 1 de xaneiro de 2025. Para o resto de beneficiarios, considéranse actuacións subvencionables as iniciadas unha vez presentada a solicitude de axuda.
10. Documentación complementaria solicitude
• Declaración de outorgamento de representación (Anexo IV)
• Para agrupacións de persoas físicas sen personalidade, declaración dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación de persoas físicas sen personalidade (Anexo V)
• Memoria técnica descritiva da actuación (para o programa de incentivos 2)
• Para administracións públicas Modelo de Declaración responsable de adscrición
11. Tramitación e notificacións
As notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal.
Este sistema remitirá aos beneficiarios ou no seu caso ás entidades colaboradoras avisos da posta a disposición das notificacións na súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
12. Modelos de documentos para a xustificación do investimento
- Manual de imaxe do programa
- Certificado de finalización da instalación
- Cartel de publicidade
- Memoria xustificación publicidade
13. Modelos de documentos
- Solicitude Renuncia (Anexo VI)
- Solicitude Modificación (Anexo VII)
14. Acceso á aplicación informática
15. Máis información
Para solicitar máis información pode poñerse en contacto nos teléfonos: 981 61 20 01, 981 541520, 981 541 542, 981 541 599, 981 541 535 e 981 541 554.