SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2025-2026 A PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA NO SECTOR RESIDENCIAL, EN ÁMBITOS NON URBANOS - IN421N, IN421O
SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2025-2026 A PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA NO SECTOR RESIDENCIAL, EN ÁMBITOS NON URBANOS - IN421N, IN421O
Outras axudas
Inicio solicitude
Fin solicitude
Ano convocatoria
2025
Código(s):
IN421N, IN421O
Concorrencia:
Competitiva
Fondos:
FEADER
A continuación descríbense brevemente as características principais destas axuda, aínda que a información que se considera oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 30 de setembro de 2025, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, para o ano 2025, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421N e IN421O).
Resolución do 30 de setembro de 2025, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, para o ano 2025, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421N e IN421O). (DOG do 14 de outubro de 2025)
Listados das entidades adheridas para presentar as solicitudes de axuda
1. Beneficiarios
1. Persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial.
2. Sociedades patrimoniais de tenza de valores inmobiliarios ou de arrendamento de inmobles, titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial.
3. Comunidades ou mancomunidades de veciños sempre que as actuacións subvencionables realícense en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Dotación da axuda:
2.000.000 €
3. Período de actuacións subvencionables
O período de execución dos investimentos comeza unha vez que se teña por efectuada a solicitude da axuda ante esta entidade e a data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2026.
Non serán subvencionables os proxectos iniciados antes da data de presentación da solicitude, de acordo coa exixencia do efecto incentivador.
Considerarase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos ou gastos comprendidos na solicitude de axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso de existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou existencia dun pedido para calquera dos elementos subvencionables.
4. Presentación solicitudes beneficiarios
A entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
O prazo de presentación de solicitudes comezará:
| Tipoloxías | Inicio solicitudes | Fin solicitudes |
| Adhesión entidades colaboradoras | 15 de outubro de 2025 ás 09:00 horas | 7 de novembro de 2025 |
| Fotovoltaica | 31 de outubro de 2025 as 09:00 horas | 1 de decembro de 2025 |
5. Réxime da convocatoria
Concorrencia competitiva cos seguintes criterios de valoración:
• Características técnicas
• Grao de utilización de la instalación
• Localización do proxecto
6. Custes elexibles
O investimento elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada polas características do sistema de conformidade ao disposto no artigo 6 das bases da convocatoria.
| Potencia pico en paneis (kWp) | €/kWp (sin IVE) |
| P<= 3 kWp | 1950 |
| 3 <P<= 6 kWp | 2400-150* P |
| 6 <P<20 kWp | 1680-30* P |
| P >= 20 kWp | 1140- 3* P |
Baterías de litio: 750 €/kWp.
As baterías de chumbo-ácido non son elixibles
7. Contía da axuda
A contía da axuda será do 50% da inversión elixible da instalación.
A axuda máxima por vivenda:
| Tecnoloxía | Axuda máxima por vivenda |
| Paneis solares | 4.000 |
| Baterías | 2.000 adicionais |
En proxectos de multivivenda a axuda máxima será de 25.000€
8. Documentación complementaria
- Memoria técnica.
- Declaración responsable cumprimento DNSH.
- Anexo V - Modelo de representación.
- Anexo VI - Declaración de compromisos asumidos por cada membro da agrupación de persoas físicas.
9. Documentación en fase de xustificación
- Anexo VII - Renuncia.
- Anexo IX - Declaración outras axudas.
- Informe técnico da actuación.
- Modelo xustificación publicidade.
10. Acceso á aplicación informática
11. Máis información
Prema para acceder á información das parroquias de ámbito rural FEADER.
Listaxe dos concellos que cumpren reto demográfico
Para máis información poden contactar co Inega a través dos teléfonos:
- Parte técnica: 981 541 530 ou 981 541 524
-
Parte administrativa: 981 541 539