Subvencións correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 do RD 477/2021, vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia europeo - IN422J, IN422K
Subvencións correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 do RD 477/2021, vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia europeo - IN422J, IN422K
Outras axudas
Inicio solicitude
Fin solicitude
Ano convocatoria
2021
Código(s):
IN422J (adhesión), IN422K
Concorrencia:
Non competitiva
Fondos:
MRR (Mecanismo de Recuperación e Resiliencia)
A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 28 de outubro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria de axudas correspondentes ás anualidades 2021-2023 para os programas 4 e 5 de incentivos de autoconsumo e almacenamento de acordo coas bases reguladoras previstas no Real Decreto 477/2021 publicado no BOE número 155, do 30 de xuño de 2021 e o Real Decreto 377/2022, do 17 de maio polo que se amplía a tipoloxía de beneficiarios do Real Decreto 477/2021 e do Real Decreto 1124/2021 do 21 de decembro. (BOE Nº 118 do 18 de maio de 2022) (código de procedemento IN422K). (DOG do 9 de novembro do 2021).
RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGeneratiónEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K). (DOG do 17 de febreiro do 2022).
RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K), modificada previamente pola Resolución do 9 de febreiro de 2022. (DOG do 1 de agosto do 2022).
RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023 pola que se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K). (DOG do 21 de xuño do 2023).
Real Decreto 1178/2023, do 27 de decembro, polo que se modifica a normativa reguladora e adáptanse ao marco europeo de axudas de Estado determinados programas de axudas de rehabilitación enerxética e enerxías renovables do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, publicado o día 28 de decembro no BOE Núm. 310.
RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vinculados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K). (DOG do 29 de decembro de 2023)
- Programa de incentivos 4: realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable no sector residencial, administración publica e no terceiro sector, con ou sen almacenamento.
- Programa de incentivos 5: incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, xa existentes no sector residencial, administración pública e no terceiro sector.
Tamén se consideran actuacións subvencionables, dentro dos anteriores programas de incentivos, as instalacións illadas da rede non reguladas no Real Decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica, realizadas nos sectores de aplicación de cada un deles.
A selección dos proxectos que recibirán axuda realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión de axudas.
RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento
no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K). (DOG do 19 de febreiro do 2024)
RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5
vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
(códigos de procedemento IN422J e IN422K).(DOG do 7 de Marzo de 2024)
RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K). (DOG do 10 de outubro de 2024).
1. Beneficiarios
Os destinatarios últimos das axudas establecidas na Resolución do 28 de outubro de 2021 serán os previstos no artigo 11 do Real Decreto 477/2021, do 29 de xuño de 2021. Sendo os principais beneficiarios os indicados a continuación:
- Persoas físicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.
- As persoas físicas que realicen algunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, en cuxo caso haberán de estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- As entidades locais e o sector público institucional de calquera AAPP sempre que non realice ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.
- As persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica incluíndo as entidades ou organizacións do terceiro sector.
- As comunidades de propietarios sobre propiedade horizontal.
- As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, cando non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.
2. Dotación orzamentaria
Contía máxima plurianual (sen IVE):
Importe anualidades 2021, 2022 e 2023(€) | Importe 2024(€) | Importe 2025(€) | Importe 2026(€) | TOTAL |
---|---|---|---|---|
3.735.268,29 | 26.396.500,21 | 7.380.000,00 | 1.400.000,00 | 38.911.768,50 |
Contía máxima por beneficiario (sen IVE):
PROGRAMA DE ACTUACIÓN | COMPOÑENTE | |
---|---|---|
Programa de Incentivos 4 Autoconsumo |
Compoñente 7 | 27.806.736,80 |
Compoñente 8 | 5.874.998,00 | |
Compoñente 31 | 3.800.000,00 | |
Programa de Incentivos 5 Almacenamento |
Compoñente 8 | 1.430.033,70 |
TOTAL | 38.911.768,50 |
3. Período de actuacións subvencionables
Serán subvencionables os proxectos executados con posterioridade á publicación das bases reguladoras previstas no R.D. 477/2021 publicado no BOE do 30 de xuño de 2021; tanto as facturas como os xustificantes de pagamento deberán levar data posterior a da súa publicación.
A data límite para executar e xustificar as actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución da concesión.
4. Procedemento adhesión de entidades colaboradoras (Código do procedemento IN422J)
Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ámbolos dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten condicións de eficacia e solvencia técnica e económica.
Será necesario que as entidades colaboradoras, sexan persoas físicas ou xurídicas, teñan presentado unha declaración responsable como empresa instaladora de baixa tensión e que figure inscrita no Rexistro Integrado Industrial do Ministerio competente en materia de enerxía.
As entidades colaboradoras deberán acceder a aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega ou desde a sede electrónica da Xunta de Galicia para encher a Solicitude de adhesión (Anexo I) e formalizar o convenio de colaboración co Inega (Anexo II).
O prazo para presentar as solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte á publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará o 31 de decembro de 2023.
Acceso á aplicación de cumplimentación e presentación de solicitudes de adhesión
Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas.
5. Presentación de solicitudes
As solicitudes subscribiranse polas entidades colaboradoras, se o solicitante é unha persoa física que non realice actividade económica ou unha comunidade de propietarios, ou directamente polos interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito, nos casos nos que se permita a presentación directa de solicitudes.
O prazo para a presentación de solicitudes será:
Inicio: 13 de decembro de 2021 ás 9:00.
Fin: 31 de decembro de 2023.
A presentación das solicitudes só admitirase mediante tramitación electrónica.
O solicitante ou a entidade colaboradora presentarán as solicitudes a través da aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos telemáticamente, xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.
Acceso á aplicación de cumplimentación e presentación de solicitudes de axuda
6. Documentación mínima necesaria para a presentación de solicitudes
Para poder presentar unha solicitude debe ter o seguinte contido mínimo:
- Formulario normalizado accesible desde a aplicación informática (Anexo III).
- Autorización para a representación (Anexo IV), en caso de ser necesario.
- Oferta do proxecto. Serán tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €.
Ademais, as persoas interesadas deberán achegar a documentación complementaria prevista no artigo 8 da Resolución do 28 de outubro de 2021.
7. Proxectos subvencionables
Para o programa de incentivos 4, a subvención máxima a percibir corresponderase cos 5 primeiros MW de potencia da instalación.
Os proxectos que se subvencionen serán:
- Para o programa de incentivos 4, as instalacións de fotovoltaica e/ou eólica para autoconsumo, con ou sen almacenamento.
- Para o programa de incentivos 5, a incorporación de almacenamento en instalacións de fotovoltaica e/ou eólica existentes.
Consideraranse elixibles as instalacións de almacenamento que cumpran as seguintes características:
- Non pode estar conectado directamente á rede.
- Cociente de capacidade / potencia xerada ≤ 5 kWh/kW salvo instalacións illadas da rede.
- As tecnoloxías chumbo-acedo non serán elixibles.
Todas as instalacións deberán contar cun sistema de monitoraxe da enerxía eléctrica producida pola instalación obxecto de subvención.
Para as actuacións subvencionables do programa 4, deberase prever que, en cómputo anual, a enerxía eléctrica consumida sexa igual ou maior ó 80% da enerxía anual xerada pola instalación.
8. Intensidades de axuda
As intensidades de axuda son moi variables en función da instalación. Para os programas de incentivos 4 e 5, as axudas calcularanse como importes fixos unitarios ou “módulos” que cubrirán parcialmente os custos subvencionables:
PROGRAMA DE INCENTIVOS 4 | |||
---|---|---|---|
TECNOLOXÍA RENOVABLE |
POTENCIA | MÓDULO AXUDA (€/kWp) | |
SECTOR RESIDENCIAL | AAPP Y TERCEIRO SECTOR | ||
FOTOVOLTAICA | 1.000kWp < P ≤ 5.000kWp | 300 | 500 |
100kWp < P ≤ 1.000kWp | 350 | 650 | |
10kWp < P ≤ 100kWp | 450 | 750 | |
P ≤ 10kWp | 600 | 1000 | |
EÓLICA | 500kW < P ≤ 5.000kW | 650 | 1.275 |
20kW < P ≤ 500kW | 1.950 | 3.000 | |
P ≤ 20kW | 2.900 | 4.550 |
PROGRAMA DE INCENTIVOS 4 E 5 | ||||
---|---|---|---|---|
ALMACENAMENTO | MÓDULO AXUDA (€/kWh) | |||
P > 5.000kWh | 100 < P ≤ 5.000kWh | 10 < P ≤ 100kWh | P ≤ 10kWh | |
ALMACENAMENTO | 140 | 245 | 350 | 490 |
Considéranse tamén as axudas adicionais:
ADICIONAIS | AXUDA |
---|---|
ELIMINACIÓN AMIANTO NA CUBERTA | 50 – 110 – 160 €/kWp (en función da potencia) |
INSTALACIÓN MARQUESIÑA | 120 €/kWp |
RETO DEMOGRÁFICO(*) | FOTOVOLTAICA → 30 a 55 €/kWp (en función da potencia) EÓLICA → 65 a 225 €/kW (en función da potencia) ALMACENAMENTO → 15 €/kWh |
(*) Para as actuacións dos incentivos 4 e 5 establécense as axudas adicionais cando as instalacións se sitúen en municipios de ata 5000 habitantes ou municipios non urbanos de ata 20000 habitantes cuxos núcleos urbanos teñan unha poboación menor ou igual de 5000 habitantes (axuda adicional por reto demográfico).
9. Modelos de documentos
- Documentación de Representación (Anexo IV).
- Renuncia (Anexo V).
- Solicitude de modificación do proxecto (Anexo VI).
- Solicitude de pago (Anexo VII).
- Memoria técnica para cada tipoloxía do proxecto.
- Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar dano significativo_Modelo IDAE [Versión 2].
- Declaración responsable do sistema de almacenamento.
- Declaración responsable que o consumo anual de enerxía sexa igual ou superior á 80% da enerxía xerada pola instalación_modelo IDAE [Versión 2]
- Declaración de compromiso, de cesión e tratamento de datos e de ausencia de conflito (Anexo VIII).
- Informe para aquelas instalacións que superen os 100kW de potencia_modelo IDAE [Versión 3]
- Carteis publicitarios: Actuacións de xeración con enerxías renovables / Actuacións de almacenamento / Actuacións de xeración enerxías renovables con almacenamento
- Memoria xustificativa publicidade.
- Informe xustificativo da previsión de que o consumo anual de enerxía sexa igual ou maior ao 80% da enerxía anual xerada pola instalación obxecto de axuda.
- FASE DE XUSTIFICACIÓN - Informe xustificativo
10. Información adicional
Pódese obter máis información a través dos seguintes medios:
- Na páxina web do Inega www.inega.gal e no correo electrónico inega.info [at] xunta.gal (inega[dot]info[at]xunta[dot]gal)
- Nos teléfonos: 981 569 668 / 981 541 548 / 981 541 568 / 981 541 536
- Resposta a preguntas frecuentes do IDAE
- Listaxe dos concellos que cumpren reto demográfico
- Xustificación consumo anual superior ao 80% da enerxía xerada