Subvencións para proxectos de gases renovables para o ano 2024 - IN421Z
Subvencións para proxectos de gases renovables para o ano 2024 - IN421Z
Outras axudas
Inicio solicitude
Fin solicitude
Ano convocatoria
2024
Código(s):
IN421Z
Concorrencia:
Competitiva
Fondos:
FEDER
RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de gases renovables, para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento IN421Z) (DOG do 21 de decembro de 2023).
1. Beneficiarios
a) Empresas legalmente constituídas e empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Para os efectos destas bases terase en conta a definición de empresa recollida no anexo I do Regulamento 651/2014 a cal considera empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, pública ou privada, que exerza unha actividade económica.
b) Empresas de servizos enerxéticos.
2. Réxime de concorrencia
Competitiva
3. Dotación da axuda
O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 7.500.000 €, con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2024, coa seguinte repartición en función da tipoloxía de proxecto:
Tecnoloxía |
Total (€) |
H2 renovable | 5.500.000 |
Biogás | 2.000.000 |
Total | 7.500.000 |
4. Conceptos subvencionables
Proxectos de hidróxeno de orixe renovable:
a) Instalacións de produción e distribución de hidróxeno renovable.
b) Instalacións de proceso e de consumo de hidróxeno renovable:
- Usos e aplicacións: Usos de hidróxeno renovable como materia prima en substitución ao hidróxeno de orixe fósil en sectores e procesos industriais; usos enerxéticos en demandas térmicas industriais, xa sexa desprazando ao hidróxeno de orixe fósil ou a outros combustibles fósiles; sistemas de aproveitamento enerxético para autoconsumo mediante pilas de combustible e/o dispositivos de combustión con almacenamento, sistemas de respaldo combinados con renovables etc.
- Equipos e compoñentes: Electrolizadores, compresores, sistemas de almacenamento, conducións, depósitos, sistemas auxiliares e de control, adecuación ou compra de equipos consumidores a hidróxeno; pilas de combustible, sempre que a electricidade xerada sexa destinada ao autoconsumo; sistemas de inxección do hidróxeno renovable á rede de gas, sempre que exista un contrato de venda do hidróxeno inxectado a un consumidor situado en Galicia; montaxe e posta en marcha dos sistemas; obra civil asociada; proxectos técnicos e legalización.
Proxectos de biogás/biometano:
a) Instalacións de produción e distribución de biogás/biometano en plantas de dixestión anaerobia asociadas que utilicen como materia prima biorresiduos urbanos ou municipais xa separados ou lodos ou lodos de plantas de depuración de augas.
b) Instalacións de proceso e de consumo de biogás/biometano:
- Equipos e compoñentes: Sistemas para a obtención de biogás mediante dixestión anaerobia; sistemas de almacenamento e tratamento do biogás para a obtención de biometano; sistemas de pretratamento dos residuos; sistemas de compresión do biogás/biometano para o seu transporte e/o almacenamento; sistemas de abastecemento; instalacións de valorización do biogás/biometano para produción eléctrica ou térmica; sistemas de inxección de biometano á rede de gas, sempre que exista un contrato de venda do biometano inxectado cun consumidor situado en Galicia; equipos que empreguen biogás/biometano como combustible; sistemas auxiliares e de control; obra civil asociada; instalación e posta en marcha; proxecto técnico e legalización.
En todos os casos, as actuacións de produción, distribución, consumo e autoconsumo de gases renovables deben executarse dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, contemplando o seu aproveitamento en puntos de consumo situados en Galicia.
Naquelas actuacións que contemplen a xeración de gas renovable, deberase acreditar un compromiso mínimo de consumo do gas renovable xerado, identificando e confirmando devandito compromiso por medio de acordos vinculantes de, polo menos:
- O 50% do gas renovable xerado en cómputo anual
- e do 30% para autoconsumo.
5. Intensidade da axuda e contía máxima
Tipoloxía da entidade beneficiaria |
Intensidade da axuda - Produción de enerxía procedente de fontes renovables e hidróxeno renovable (% sobre o custo elexible) |
Intensidade da axuda - Outras inversións (% sobre o custo elexible) |
Gran empresa | 45% | 30% |
Mediana empresa | 55% | 40% |
Pequena empresa | 65% | 50% |
En función da tipoloxía de proxecto, a contía máxima da axuda por solicitude será de:
- Hidróxeno renovable: 2.500.000 €
- Biogás/biometano: 2.000.000 €
No caso de solicitudes que comprendan tanto a produción como a adquisición de equipos consumidores novos ou a adaptación de existentes, o investimento correspondente a estes últimos non poderá representar no seu conxunto máis do 20% do investimento solicitado total.
6. Período de actuacións subvencionables
Desde a data de solicitude da axuda ata o 30 de xuño de 2027.
7. Prazo para a presentación das solicitudes de axuda
Desde o 22 de decembro de 2023 ás 9:00 h ata o 21 de febreiro de 2024 ás 23:59 h.
8. Acceso á aplicación informática para a presentación de solicitudes de axuda
Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.
9. Documentación a cubrir para a tramitación do procedemento
- Solicitude da axuda, de acordo con o Anexo I das bases da convocatoria.
- Autorización para a representación, no seu caso, de acordo co Anexo II das bases da convocatoria.
O Anexo I atópase accesible a través da aplicación informática habilitada para a presentación de solicitudes de axuda.
10. Modelos de documentos para a solicitude da axuda
- Memoria técnica.
- Declaración responsable cumprimento DNSH.
- Declaración responsable cumprimento protección infraestruturas fronte ao cambio climático.
11. Máis información
Para máis información poden contactar co Inega a través dos teléfonos: 881 049 210
Presentación webinar informativo 25012024
12. Comisión de Valoración
RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2024, do director do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se regula a suplencia da persoa que desempeña a Xefatura da Área de Enerxías Renovables do Inega aos efectos de constituír a comisión de valoración prevista na Resolución do 11 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases renovables, para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento IN421Z)