Subvencións ano 2021 para mobilidade eléctrica (Programa MOVES III en Galicia) - IN421Q, IN421R

Subvencións ano 2021 para mobilidade eléctrica (Programa MOVES III en Galicia) - IN421Q, IN421R

Logos entidades
Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2021

Código(s):

IN421Q, IN421R

Concorrencia:

Non competitiva

Fondos:

MMR(Mecanismo de Recuperación e Resiliencia)

Inicio do prazo de solicitude de adhesión de entidades colaboradoras: Dende o 6 de agosto de 2021.

Consulta do estado das solicitude polos beneficiarios.

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas.

Consultar as estatísticas de solicitudes do Programa para mobilidade eléctrica (PROGRAMA MOVES III EN GALICIA).

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas en réxime de concorrencia non competitiva, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (Programa MOVES III) (Procedementos IN421Q, IN421R). (DOG do 5 de agosto de 2021). Bases da convocatoria (BOE do 14 de abril de 2021).

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) (códigos de procedemento IN421Q e IN421R). (DOG do 27 de outubro de 2021).

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III) (códigos de procedemento IN421Q e IN421R). (DOG do 13 de xaneiro do 2022).

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2022 pola que se amplía o crédito orzamentario recollido na Resolución do 26 de xullo de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R). (DOG do 21 de outubro de 2022).

Real Decreto 406/2023, do 29 de maio, polo que se modifican o Real Decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se aproba a concesión directa de axudas ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Europeo; o Real Decreto 1124/2021, do 21 de decembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a execución dos programas de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia; e o Real Decreto 263/2019, do 12 de abril, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en PEME e gran empresa do sector industrial. (BOE do 31 de maio de 2023).

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023 pola que se modifica a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R). (DOG do 20 de xuño do 2023).

Real Decreto 821/2023, do 14 de novembro, polo que se adapta ao marco europeo de axudas de estado o Real Decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se aproba a concesión directa de axudas ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Europeo, e amplíase a súa vixencia. (BOE do 15 de novembro de 2023).

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R). (DOG do 26 de decembro do 2023).

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R). (DOG do 19 de febreiro do 2024).

Anexo I: Subvencións concedidas procedemento IN421R ata 31 de decembro de 2023 - Listado de beneficiarios programa de incentivos 1
Anexo I: Subvencións concedidas procedemento IN421R ata 31 de decembro de 2023 - Listado de beneficiarios programa de incentivos 2

1. Conceptos subvencionables

- Programa de incentivos 1: Adquisición de vehículos eléctricos “enchufables” e de pila de combustible.  
Pode consultar no seguinte link os vehículos subvencionables: http://coches.idae.es/base-datos/vehiculos-elegibles-programa-MOVES-III  

- Programa de incentivos 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

TIPO DE ACTUACIÓN ORZAMENTO TOTAL
Programa de incentivos 1: Adquisición de vehículos eléctricos 22.116.995,10 €
Programa de incentivos 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos 18.445.723,26 €
TOTAL 40.562.718,36 €

2. Beneficiarios

- Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.
- Persoas físicas.
-Comunidades de propietarios.
-Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF, comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R, ou W. Tamén as Entidades de Conservación de Polígonos ou Sociedades Agrarias de Transformación cuxo NIF comece por V.
-Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración Pública.

3. Período de actuacións subvencionables

Para persoas físicas, profesionais autónomos, comunidades de propietarios e sector público, o período de actuacións subvencionables comeza o día 10 de abril de 2021 e remata doce meses despois da notificación da resolución de concesión da axuda.  

Para o resto de beneficiarios, considéranse actuacións subvencionables as iniciadas unha vez presentada a solicitude de axuda e rematadas nun prazo máximo de doce meses dende que se notifica a resolución de concesión da axuda.

4. Presentación da solicitude de axuda

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible dende a Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, http://www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.  

Poderá facer a presentación electrónica:  
• Para o Programa de incentivos 1: Os concesionarios adheridos como entidade colaboradora. As entidades públicas poderán solicitar directamente.  
• Para o Programa de incentivos 2: As empresas instaladoras adheridas como entidade colaboradora. As entidades públicas ou as empresas con actividade de estacións de servizos poderán solicitar directamente.

5. Documentación necesaria para presentar a solicitude

Para formular a solicitude, ademais de encher o correspondente formulario cos datos de identificación do solicitante e xerais da actuación (Anexo III de solicitude), deberase aportar a través da aplicación, a seguinte documentación mínima:  

a) Solicitude de axuda - Anexo III  
b) Autorización para a representación - Anexo IV, salvo persoas físicas ou xurídicas que presenten directamente co seu certificado dixital.  
c) Presentación da oferta do proxecto que se pretende levar a cabo. Achegaranse tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €, salvo para o Programa de incentivos 1.

6. Solicitude de adhesión de entidades colaboradoras

Poderán ser entidades colaboradoras:  

1º Para o Programa de incentivos 1: Os concesionarios ou puntos de venta cuxo epígrafe da sección primeira das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa 615.1 Comercio ao por maior de vehículos, motocicletas, bicicletas e os seus accesorios, ou 654.1 comercio ao por menor de vehículos terrestres.  

2º Para o Programa de incentivos 2: As empresas con actividade de instalación de baixa tensión. Será necesario que estas empresas estean dadas de alta na Consellería competente en materia de industria como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (procedemento IN609A).

7. Proceso de solicitude de adhesión de entidades colaboradoras

Adhesión simplificada:  

a.- Esta forma de adhesión está unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao Convenio de xestión das axudas para a Actuación 1- Adquisición de vehículos de enerxías alternativas e para a Actuación 2- Implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos, correspondente ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sostible (programa MOVES II) para a anualidade 2020, reguladas na Resolución de 31 de agosto de 2020 (DOG núm. 184, do 10 de setembro de 2020) e que desexen adherirse aos procedementos de xestión das axudas para o Programa de incentivos 1- Adquisición de vehículos eléctricos ou para o Programa de incentivos 2- Implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos, correspondente ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (Programa MOVES III) para as anualidades 2021-2023.

b.- A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible dende a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (Anexo I) e o convenio de colaboración (Anexo II), xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos.

Por defecto a aplicación informática cubrirá os anexos cos datos dispoñibles da convocatoria da anualidade 2020. A entidade colaboradora poderá actualizar os datos, se é o caso. No caso de modificación de datos, a entidade colaboradora deberá xuntar a documentación necesaria para xustificar estes cambios, de igual xeito que se realiza na adhesión común. Unha vez xerada a solicitude normalizada (Anexo I), deberá presentala por vía electrónica de conformidade ao establecido.

c.- Para acceder á aplicación informática e solicitar a adhesión simplificada, utilizará o usuario e a contrasinal outorgados polo Inega na convocatoria 2020. No caso de que algunha entidade colaboradora non recorde estes datos, poderá solicitalos a través do correo electrónico habilitado para tal efecto, indicando os seus datos para identificación.

Adhesión común (alta de novas entidades colaboradoras):  

a.- A primeira vez que a entidade colaboradora acceda a aplicación asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.  

b.- A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) para encher a solicitude de adhesión (Anexo I) e o convenio de colaboración (Anexo II), xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos -o segundo por duplicado-.  
Unha vez xerada a solicitude normalizada (Anexo I), deberá presentala por vía electrónica.  
 

8. Contía máxima da axuda

Programa de incentivos 1: Adquisición de vehículos eléctricos

A contía da axuda será a establecida na seguinte táboa:

Motorización Categoría Autonomía  
(km)
Límite prezo venta vehículo (€) Axuda persoas físicas, autónomos, comunidades de propietarios e sector público(€) (1) Axuda PEME (€) Axuda Gran Empresa (€)
Achatarramento Achatarramento Achatarramento
Non Si Non Si Non Si
Pila de combustible (FCV, FCHV) M1 NP NP 4.500 7.000 2.900 4.000 2.200 3.000
PHEV, EREV, BEV Maior ou igual de 30 e menor de 90 45.000 (53.000) (2) 2.500 5.000 1.700 2.300 1.600 2.200
Maior ou igual de 90 4.500 7.000 2.900 4.000 2.200 3.000
PHEV, EREV, BEV,  
Pila de combustible (FCV, FCHV)
N1 Maior ou igual de 30 NP 7.000 9.000 3.600 5.000 2.900 4.000
BEV L6e NP NP 1.400 1.600 800 1.000 800 1.000
L7e NP NP 1.800 2.000 1.200 1.500 1.200 1.500
L3e, L4e, L5e, con P≥3kW Maior o igual de 70 10.000 1.100 1.300 750 950 700 900

NP = Non Procede

(1) Para persoas físicas e autónomos increméntase un 10% a axuda se cumpren algún dos seguintes requisitos: Discapacidade por mobilidade reducida e vehículo adaptado para a condución, uso do vehículo como taxi/VTC ou residencia nun concello con menos de 5.000 habitantes.  

(2) 53.000 para vehículos BEV de 8 ou 9 prazas.  

Programa de incentivos 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.  
Intensidades de axuda para expedientes con Resolución de concesión posteriores a 31/12/2023

Destinatarios últimos Axuda (% custe subvencionable)
Localización xeral Concellos de < 5.000 habitantes
Autónomos, particulares, comunidades de propietarios e administración para uso privado 70% 80%
Grandes empresas 20% 20%
Medianas empresas acollidas ao Regulamento (UE) 2023/2831 de mínimis Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 45% Resto instalacións: 30 % Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 50% Resto instalacións: 40%
Medianas empresas acollidas ao Regulamento (UE) 651/2014 de axudas compatibles por categoría Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 40% Resto instalacións: 30%  40 %
Pequenas empresas acollidas ao Regulamento (UE) 2023/2831 de mínimis Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 55% Resto instalacións: 30 %  Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 60% Resto instalacións: 40%
Pequenas empresas acollidas ao Regulamento (UE) 651/2014 de axudas compatibles por categoría  Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 50% Resto instalacións: 30% Puntos de recarga de acceso público e potencia ≥ 50 kW: 50 % Resto instalacións: 40%

Para administración con actividade económica aplicaranse as intensidades de axuda que correspondan segundo se asimilen a pequenas, medianas ou grandes empresas.

9. Prazo de execución e xustificación

O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 12 meses contados dende a data de notificación da resolución de concesión.

10. Documentación complementaria solicitude

• Declaración de outorgamento de representación (Anexo IV)  
• Para agrupacións de persoas físicas sen personalidade, declaración dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación de persoas físicas sen personalidade (Anexo V)  
• Memoria técnica descritiva da actuación (para o programa de incentivos 2)  
• Para administracións públicas Modelo de Declaración responsable de adscrición

11. Tramitación e notificacións

As notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal.

Este sistema remitirá aos beneficiarios ou no seu caso ás entidades colaboradoras avisos da posta a disposición das notificacións na súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

12. Modelos de documentos para a xustificación do investimento

Manual de imaxe do programa  
Certificado de finalización da instalación  
Modelo de publicidade Programa de Incentivos 1  
Modelo de publicidade Programa de Incentivos 2  
Memoria xustificación publicidade

13. Modelos de documentos

Solicitude Renuncia (Anexo VI)  
Solicitude Modificación (Anexo VII)  
Declaración de compromiso, cesión, tratamento de datos e ausencia de conflito de interese (Anexo IX)

14. Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras.  
Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes de axuda

15. Máis información

Para solicitar máis información pode poñerse en contacto nos teléfonos: 881 006 707, 981 541 542, 981 541 599, 981 541 535 e 981 541 554.

Últimas axudas

Plan Renova o teu vehículo
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:
Frechas enlace Frechas enlace
Subvencións renovación de electrodomésticos
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:
Frechas enlace Frechas enlace
Proxectos de instalacións de enerxías renovables térmicas nos sectores industrial, agropecuario, servizos e administracións públicas (RD 1124/2021)
Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:
Frechas enlace Frechas enlace