Subvencións correspondentes ao Programa de Incentivos 2 do RD 1124/2021, vencellados á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestructuras do sector público no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia europeo - IN422O

Subvencións correspondentes ao Programa de Incentivos 2 do RD 1124/2021, vencellados á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestructuras do sector público no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia europeo - IN422O

Xunta de Galicia e Xacobeo Outros logos
Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2023

Código(s):

IN422O

Concorrencia:

Non competitiva

Fondos:

 MRR (Mecanismo de Recuperación e Resiliencia)

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda cá información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 5 de xuño de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria de axudas correspondentes ás anualidades 2023-2025 para o programa 2 de incentivos vencellados á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas de acordo coas bases reguladoras previstas no Real Decreto 1124/2021 publicado no BOE número 305, do 22 de decembro de 2021 e o Real Decreto 377/2022, do 17 de maio polo que se amplía a tipoloxía de beneficiarios do Real Decreto 477/2021 e do Real Decreto 1124/2021 do 21 de decembro. (BOE Nº 118 do 18 de maio de 2022) (código de procedemento IN422O). (DOG do 16 de xuño do 2023).

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O).(DOG do 29 de setembro do 2023).

Real Decreto 1178/2023, do 27 de decembro, polo que se modifica a normativa reguladora e adáptanse ao marco europeo de axudas de Estado determinados programas de axudas de rehabilitación enerxética e enerxías renovables do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, publicado o día 28 de decembro no BOE Núm. 310.

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O). (DOG do 29 de decembro de 2023).

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O). (DOG do 7 de marzo do 2024).

- Programa de incentivos 2: realización de instalacións de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público.

A selección dos proxectos que recibirán axuda realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión de axudas.

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2024 pola que se amplía o crédito orzamentario recollido na Resolución do 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria, para o ano 2023, do procedemento de concesión de axudas
correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación,
transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O).(DOG do 27 de setembro do 2024).

1. Beneficiarios

Os destinatarios últimos das axudas establecidas na Resolución do 5 de xuño de 2023 serán os previstos no artigo 16 do Real Decreto 1124/2021, do 21 de decembro de 2021 para o programa de incentivos 2. Sendo os principais beneficiarios, sempre que realicen unha actividade económica pola que ofrezan bens o servizos no mercado, os indicados a continuación:

- As entidades locais territoriais previstas polo artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local o calquera outra Entidade local o supralocal, distinta das anteriores, legalmente constituídas e dotadas de personalidade xurídica propia. 
- Calquera entidade do sector público institucional de calquera Administracións Públicas á que se refire el artigo 2.2 da Lei 40/2015 do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, así como as entidades de dereito privado ou organizacións privadas sen ánimo de lucro. 
- Agrupacións, asociacións, consorcios ou calquera outra forma de colaboración de calquera das figuras dos tres puntos anteriores, con ou sen personalidade xurídica.

2. Dotación orzamentaria

Contía máxima plurianual (sen IVE):

Importe 2023(€) Importe 2024(€) Importe 2025(€) TOTAL
592.579,66 € 4.140.707,00 € 237.032,00 € 4.970.318,66 €

Contía máxima por tecnoloxía (sen IVE):

TECNOLOXÍA ORZAMENTO (€) ORZAMENTO TOTAL (€)
BIOMASA 1.700.000,00 € 4.970.318,66 €
XEOTERMIA, HIDROTÉRMIA, 
AEROTÉRMIA E SOLAR TÉRMICA
3.270.318,66 €

3. Período de actuacións subvencionables

Serán subvencionables as actuacións iniciadas con posterioridade á data da publicación no Boletín Oficial do Estado do Real Decreto 1124/2021, do 31 de decembro.

A data límite para executar e xustificar as actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución da concesión.

4. Presentación de solicitudes

As solicitudes subscribiranse directamente polos interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o 14 de xullo de 2023 ás 9:00 horas.

O prazo finalizará o 31 de xullo de 2024.

A presentación das solicitudes só admitirase mediante tramitación electrónica.

Os solicitantes presentarán as solicitudes a través da aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentaraos telemáticamente, xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

5. Documentación mínima necesaria para a presentación de solicitudes

Para poder presentar unha solicitude debe conter o seguinte contido mínimo: 

- Formulario normalizado accesible desde a aplicación informática (Anexo I). 
- Autorización para a representación (Anexo II), no caso de ser necesario. 
- Oferta do proxecto. Serán tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €. No caso de destinatarios últimos suxeitos a normativa de contratación pública, esta documentación poderá substituirse polo borrador dos pregos de licitación correspondentes. 

Ademais, as persoas interesadas deberán achegar a documentación complementaria prevista no artigo 6 da Resolución do 5 de xuño de 2023.

6. Proxectos subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables todas aquelas actuacións encamiñadas á implantación de novas instalacións térmicas renovables, ampliacións e substitucións de sistemas de produción existentes que abastezan calquera das seguintes aplicacións ou un conxunto delas:

• Aplicacións térmicas para produción de frío y/o calor en edificios non residenciais. 
• Aplicacións de baixa, media e alta temperatura en establecementos e infraestruturas do sector público. 

As actuacións subvencionables inclúen as tecnoloxías: solar térmica, biomasa, xeotermia, hidrotérmia, aerotérmia e microrredes de distrito de calor e/ou frío.

No caso das bombas de calor deberán ter un SPF superior a 2,5. En instalacións de biomasa, deberase lograr unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro de polo menos un 80%. Para actuacións de microrredes de distrito de calor e/ou frío, a axuda máxima a percibir corresponderase co primeiro MW de potencia da instalación de produción e/ou o primeiro MW de potencia en intercambio. 

Os aparellos de calefacción local incluídos neste programa deben dispoñer da parte frontal pechada. 
Para actuacións que garden relación con redes de calor e/ou frío poderanse combinar dous ou máis tipoloxías nunha soa solicitude. 
Todas as instalacións, excepto a tipoloxía de Biomasa aparellos de calefacción local, deberán contar cun sistema de monitoraxe da enerxía térmica producida pola instalación obxecto de subvención. 

No serán obxecto deste programa de axudas:

• Aquelas bombas de calor que non alcancen os rendementos mínimos esixidos nin as que non certifiquen os rendementos. 
• As bombas de calor cuxo cometido sexa funcionar como unidade deshumectadora. 
• Os equipos para xeración de frío industrial, entendendo como tal, aqueles sistemas frigoríficos que proporcionen frío a cámaras de refrixeración e frigoríficos para almacenamento ou conxelado de alimentos ou outros produtos, sistemas frigoríficos atopados no transporte marítimo, terrestre ou aéreo, salas de servidores e data centers 
• Non poderán ser obxecto da axuda os proxectos de investimento en instalacións cuxos equipos principais non sexan novos ou que tivesen uso previo. Entenderase por equipos principais aqueles equipos de produción que definen a tecnoloxía de enerxía renovable.

7. Intensidades de axuda

Os custos subvencionables para cada actuación segundo o tipo de tecnoloxía renovable serán os seguintes:

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES CUSTO SUBVENCIONABLE UNITARIO MÁXIMO (€/kW)
Instalacións Xeotérmicas ou Hidrotérmicas 2000
Instalacións Aerotérmicas 1000
Instalación Solar Térmica 1070
Biomasa Cámara de Combustión 100
Caldeiras de biomasa e aparellos de calefacción local 500
Novas redes de tubaxes de distribución e subestacións de intercambio ou ampliación de existentes 450

O porcentaxe de axuda será de 70 puntos porcentuais sobre o custo subvencionable para tódalas actuacións subvencionables, segundo o establecido no Anexo III do RD 1124/2021.

Cando as actuacións se leven a cabo en municipios de Reto Demográfico, a porcentaxe de axuda aplicable sobre o custo subvencionable incrementarase un 5% (*).

(*) Municipios de ata 5,000 habitantes e municipios non urbanos de ata 20.000 habitantes nos que tódalas súas entidades singulares de poboación sexan de ata 5.000 habitantes, segundo Anexo III A3.

8. Modelos de documentos

Documentación de Representación (Anexo II)
- Renuncia (Anexo III). 
- Solicitude de modificación do proxecto (Anexo IV). 
- Solicitude de pago (Anexo V). 
Declaración de compromiso, de cesión e tratamento de datos e de ausencia de conflito de intereses (Anexo VI)
Declaración de principio de non causar dano significativo (DNSH) (Anexo VII). 
- Informe para aquelas instalacións que superen os 100 kW de potencia. Plan Estratéxico e Valorización de residuos. 
Xustificación de non causar dano significativo para aquelas instalacións que superen os 100 kW de potencia. 
Memoria de xustificación da redución de emisións de GEI de polo menos un 80% en instalacións de Biomasa. 
- Cartel de publicidade. 
- Informe Xustificativo renovables térmicas nos diferentes sectores. 
- Memoria Xustificativa Publicidade.

Memoria técnica Biomasa segundo modelo do Inega [Versión 2]
Memoria técnica Bombas de Calor (aerotermia, xeotermia e hidrotermia) segundo modelo do Inega
Memoria técnica Solar Térmica segundo modelo do Inega
Memoria técnica Microrredes de distrito de calor e/ou frío segundo modelo do Inega.

No caso dunha instalación hibrida presentaranse as memorias correspondentes a cada tecnoloxía.

9. Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

10. Información adicional

Pódese obter máis información a través dos seguintes medios: 
- Na páxina web do Inega www.inega.gal e no correo electrónico inega.info [at] xunta.gal (inega[dot]info[at]xunta[dot]gal) 
- No teléfono 881 045 899 
Listaxe dos concellos que cumpran o Reto Demográfico 
Manual de imaxe do RD1124 
Documento explicativo da redución de emisións de GEI de polo menos un 80% en instalacións de Biomasa.

Últimas axudas

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2024 PARA PROXECTOS DE INFRAESTRUCTURAS DE ALMACENAMENTO ENERXÉTICO

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN425A

Frechas enlace Frechas enlace

Programa MOVES III - incentivos á mobilidade eléctrica

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN421Q, IN421R

Frechas enlace Frechas enlace