Subvenciones ano 2021 Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias - IN418D

Subvenciones ano 2021 Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias - IN418D

Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2021

Código(s):

IN418D

Concorrencia:

Non competitiva

Fondos:

FNEE (Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética)

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 2 de xuño de 2021 da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias (Código de procedemento IN418D). (DOG do 15 de xuño do 2021). Bases da convocatoria (Real Decreto 149/2021 BOE do 10 de marzo do 2021) modificado por (Real Decreto 1126/2021 BOE do 22 de decembro do 2021).

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 7 da Resolución do 2 de xuño de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias (Diario Oficial de Galicia número 112, do 15 de xuño de 2021). (DOG do 29 de decembro do 2021).

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de xuño de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias (código de procedemento IN418D). (DOG do 28 de marzo do 2023).

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2023 pola que se amplían e redistribúen por anualidades os créditos orzamentarios recollidos na Resolución do 2 de xuño de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias (código de procedemento IN418D). (DOG do 22 de agosto do 2023).

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2024 pola que se amplían e se redistribúen por anualidades os créditos orzamentarios recollidos na Resolución do 2 de xuño de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias (código de procedemento IN418D). (DOG do 1 de agosto do 2024).

1. Actuacións subvencionables

Poderán obter dereito a subvención aquelas actuacións que reduzan o consumo de enerxía final do proceso da explotación agropecuaria afectado en polo menos un 10 % con relación á situación de partida. Para o cálculo do aforro de enerxía final e a elixibilidade das actuacións será de aplicación a Recomendación (UE) 2019/1658 da Comisión. O aforro de enerxía final xustificarase mediante un dos métodos de cálculo do Anexo V da Directiva 2012/27/UE. 

Cabe diferenciar as dúas seguintes actuacións subvencionables: 

a)Actuación 1: Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de regadío. Consistirá na execución de actuacións de reforma das instalacións de regadío en explotacións agropecuarias e comunidades de regadores, por renovación dos seus equipos de bombeo que reduzan o consumo de enerxía final e as emisións de CO2

b) Actuación 2: Mellora da eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables en explotacións agropecuarias. Consistirá na realización de actuacións de reforma das explotacións e instalacións consumidoras de enerxía térmica, eléctrica e de proceso propias das explotacións agropecuarias que reduzan o consumo de enerxía final e as emisións de CO2. As actuacións poderán ser, con carácter orientativo e non limitativo:

1.º Actuacións sobre a envolvente térmica que reduzan a demanda de calefacción e refrixeración dos edificios agropecuarios (fachadas, cubertas, xanelas) incluíndo solucións bioclimáticas.

2.º Actuacións nas instalacións térmicas de calefacción, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria, como poden ser as destinadas aos procesos de pasteurización e conservación de produtos perecedoiros, á climatización de naves de gando e invernadoiros, refrixeración en procesos de fermentación do viño, etc.

3.º Mellora da eficiencia enerxética dos subsistemas de xeración, distribución, regulación e control e elementos terminais das instalacións térmicas, incluíndo o aproveitamento de calores residuais e novas redes de calor.

4.º Substitución de enerxía convencional en instalacións térmicas por enerxías renovables térmicas (enerxía solar térmica, biomasa, enerxía xeotérmica, enerxía ambiente (aerotermia ou hidrotermia), bombas de calor ou unha combinación delas). Non se considerará elixible a substitución dun xerador térmico por outro que utilice combustible de orixe fósil.

5.º Reforma ou substitución de instalacións de iluminación interior e iluminación exterior.

6.º Renovación de motores para accionamientos mecánicos e outros servizos propios destas actividades.

La inversión mínima para que la actuación sea subvencionable debe ser de 5.000 euros IVA no incluido. 

Cada solicitante poderá presentar un máximo de unha solicitude da Actuación 1 e outra da Actuación 2 por emprazamento. Cada solicitude pode incluír unha ou varias das tipoloxías de proxectos definidos no Real Decreto 149/2021 pero sen mesturar os recollidos no epígrafe correspondente á Actuación 1 cos da epígrafe correspondente á Actuación 2.

2. Características das axudas

- Orzamento: 5,01 M€. 
- Financiado co FNEE (Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética) 
- Concorrencia non competitiva, asignándose os fondos por orde de chegada.

3. Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 22 de xuño ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 31 de decembro de 2023. 

So se admite a presentación electrónica. Documentación obligatoria 

Os interesados realizarán ás solicitudes a través da aplicación informática habilitada para encher os formularios normalizados e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras. 

Para formular a solicitude, ademais de encher o correspondente formulario cos datos de identificación do solicitante e xerais da actuación (Solicitude de axuda - Anexo I), deberase aportar a través da aplicación, a seguinte documentación mínima: 

- Autorización para a representación – Anexo II (salvo persoas físicas ou xurídicas que presenten directamente co seu certificado dixital). 

- Unha oferta dun provedor cando o Investimento sen IVE da actuación que se subvenciona sexa inferior ou igual a 15.000 € e tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación supoña un gasto para o beneficiario superior a 15.000 €.

4. Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da comunidade autónoma de Galicia. En concreto os seguintes: 
a) Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada ou pública titulares dunha explotación agropecuaria. 
b) Comunidades de Regadores e outras organizacións cuxo fin consista na xestión común de auga para a rega agrícola ou a xestión común doutros combustibles e fontes de enerxía para fin agropecuario. 
c) Titulares de explotacións agrícolas de regadío que utilicen redes de rega para cuxo funcionamento sexa necesario actualmente o consumo de enerxía eléctrica. 
d) Calquera organización ou asociación de produtores agrícolas recoñecida pola autoridade competente. 
e) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo definición da Directiva 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018 
f) As empresas de servizos enerxéticos (ESEs), ou provedores de servizos enerxéticos definidas no Real Decreto 56/2016. 

Aos efectos desta convocatoria considéranse explotacións agropecuarias aquelas cuxas actividades están incluídas no CNAE 2009 entre as clases 01.11 e a 01.64.

5. Período de execución e xustificación actuacións subvencionables

O prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda e rematará en 12 meses contados dende a data de notificación da resolución de concesión. En casos excepcionais derivados de circunstancias imprevisibles debidamente xustificadas poderase ampliar o citado prazo ata un máximo de 24 meses contados dende a data de notificación da resolución de concesión.


A xustificación por parte dos destinatarios últimos da execución das actuacións obxecto de axuda deberá realizarse ante o órgano instrutor nun prazo máximo de tres meses dende a finalización do prazo máximo concedido para a execución das actuacións.

6. Contía máxima das axudas

A contía da subvención será a mínima entre as tres seguintes cantidades: 
a) O 30 % do custe elixible definido no artigo 14 do Real Decreto 149/2021. 
b) O 35 % do custe subvencionable da actuación. Esta intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas á pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. O custe subvencionable resulta de restar ao custe elixible a inversión de referencia segundo o indicado no artigo anterior. Este apartado b) será aplicable só cando o solicitante sexa unha empresa ou desenvuelvan unha actividade comercial ou mercantil . 
c) Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 1.000.000 de euros.

7. Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 17 das bases reguladoras da convocatoria, todas as notificacións realizaranse por medios electrónicos, mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no apartado Notificacións electrónicas. 

Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións a súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida. 

Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

8. Documentación complementaria solicitude

Autorización para a representación (Anexo II) 
Memoria técnica Agropecuario 
Ficha de consumos Agropecuario

9. Documentación complementaria xustificación

Declaración proxecto executado e cumprimento normativa 
Informe técnico actuación realizada 
Memoria xustificación publicidade 
Modelo cartel publicidade 
Manual de imaxe do programa 
Renuncia (Anexo III).

10 Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudesO prazo de presentación de solicitudes comeza o día 22 de xuño ás 9:00h e permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2023.

11. Máis información

Para solicitar máis información pode poñerse en contacto no teléfono: 981 957 146.

Últimas axudas

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2024 PARA PROXECTOS DE INFRAESTRUCTURAS DE ALMACENAMENTO ENERXÉTICO

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN425A

Frechas enlace Frechas enlace

Programa MOVES III - incentivos á mobilidade eléctrica

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN421Q, IN421R

Frechas enlace Frechas enlace