Subvencións correspondentes aos programas de incentivos 6 do R.D. 477/2021, vencellados á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia Europeo - IN422L, IN422M

Subvencións correspondentes aos programas de incentivos 6 do R.D. 477/2021, vencellados á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia Europeo - IN422L, IN422M

Xunta de Galicia Entidades fondo MMR
Inicio solicitude

Fin solicitude

Ano convocatoria

2021

Código(s):

IN422L, IN422M

Concorrencia:

Non competitiva

Fondos:

MRR (Mecanismo de Recuperación e Resiliencia)

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 28 de outubro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria de axudas correspondentes ás anualidades 2021-2023  para o programa 6 de incentivos vencellados á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas de acordo coas bases reguladoras previstas no Real Decreto 477/2021 publicado no BOE número 155, do 30 de xuño de 2021 e o Real Decreto 377/2022, do 17 de maio polo que se amplía a tipoloxía de beneficiarios do Real Decreto 477/2021 e do Real Decreto 1124/2021 do 21 de decembro. (BOE Nº 118 do 18 de maio de 2022) (código de procedemento IN422M). (DOG do 9 de novembro do 2021).

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo,financiado pola Unión Europea-NextGeneratiónEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M). (DOG do 17 de febreiro do 2022).

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondente ao programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M), modificada previamente pola Resolución do 9 de febreiro de 2022.(DOG do 1 de agosto do 2022).

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).(DOG do 29 de setembro do 2023).

Real Decreto 1178/2023, do 27 de decembro, polo que se modifica a normativa reguladora e adáptanse ao marco europeo de axudas de Estado determinados programas de axudas de rehabilitación enerxética e enerxías renovables do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, publicado o día 28 de decembro no BOE Núm. 310.

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vinculado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M). (DOG do 29 de decembro de 2023).

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).(DOG do 21 de febreiro de 2024).

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M). (DOG do 7 de marzo do 2024).

Anexo I: Subvencións concedidas no procedemento IN422M ata o 31 de decembro de 2023.

> Programa de incentivos 6: realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial.

A selección dos proxectos que recibirán axuda realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión de axudas.

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M). (DOG do 10 de outubro de 2024).

1. Beneficiarios

Os destinatarios últimos das axudas establecidas na Resolución do 28 de outubro de 2021 serán os previstos no artigo 11 do Real Decreto 477/2021, do 29 de xuño de 2021. Sendo os principais beneficiarios os indicados a continuación:

- Persoas físicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado. 
- As persoas físicas que realicen algunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, nese caso haberán de estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria. 
- As entidades locais e o sector público institucional de calquera AAPP sempre que non realice ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado. 
- Entidades ou organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro, ou persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado. 
- As comunidades de propietarios sobre propiedade horizontal.

2. Dotación orzamentaria

Contía máxima plurianual (sen IVE):

Importe anualidades 2021, 2022, 2023 (€) Importe 2024(€)   Importe 2025(€)   Importe 2026(€)  TOTAL
3.278.288,53  10.406.347,57  3.000.000,00 500.000,00  17.184.636,10

Contía máxima por tecnoloxía (sen IVE):

TECNOLOXÍA RENOVABLE TÉRMICA ORZAMENTO (€)
BIOMASA 1.927.670,25
XEOTÉRMIA E 
HIDROTÉRMIA
7.825.557,81
AEROTÉRMIA   7.349.737,04
SOLAR TÉRMICA  81.671,00
TOTAL 17.184.636,10
 

3. Período de actuacións subvencionables

Serán subvencionables os proxectos executados con posterioridade á publicación das bases reguladoras previstas no R.D. 477/2021 publicado no BOE do 30 de xuño de 2021; tanto as facturas como os xustificantes de pagamento deberán levar data posterior a da súa publicación.

A data límite para executar e xustificar as actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución da concesión.

4. Procedemento adhesión de entidades colaboradoras (Código do procedemento IN422L)

Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ámbolos dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten condicións de eficacia e solvencia técnica e económica.

Será necesario que as entidades colaboradoras, sexan persoas físicas ou xurídicas, teñan presentado unha declaración responsable como empresa de instalacións térmicas en edificios e que figure inscrita no Rexistro Integrado Industrial do Ministerio competente en materia de enerxía.

As entidades colaboradoras deberán acceder a aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega ou desde a sede electrónica da Xunta de Galicia para encher a Solicitude de adhesión (Anexo I) e formalizar o convenio de colaboración co Inega (Anexo II).

O prazo para presentar as solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte á publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará o 31 de decembro de 2023.

Acceso á aplicación de cumplimentación e presentación de solicitudes de adhesión

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas.

5. Presentación de solicitudes

As solicitudes subscribiranse polas entidades colaboradoras, se o solicitante é unha persoa física que non realice actividade económica ou unha comunidade de propietarios, ou directamente polos interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito, nos casos nos que se permita a presentación directa de solicitudes.

O  prazo para a presentación de solicitudes comezará segundo a tipoloxía do proxecto nas seguintes  datas: 
- Xeotermia e Hidrotermia: 15 de decembro de 2021 ás 9:00 
- Aerotermia: 16 de decembro de 2021 ás 9:00 
- Biomasa e Solar térmica: 17 de decembro de 2021 ás 9:00

O prazo finalizará para todas as tipoloxías de proxectos o 31 de decembro de 2023.

A presentación das solicitudes só admitirase mediante tramitación electrónica.

O solicitante ou a entidade colaboradora presentarán as solicitudes a través da aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos telemáticamente, xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Acceso á aplicación de cumplimentación e presentación de solicitudes de axuda

6. Documentación mínima necesaria para a presentación de solicitudes

Para poder presentar unha solicitude debe ter o seguinte contido mínimo: 
- Formulario normalizado accesible desde a aplicación informática (Anexo III). 
- Autorización para a representación (Anexo IV), en caso de ser necesario. 
- Oferta do proxecto. Serán tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €.

Ademais, as persoas interesadas deberán achegar a documentación complementaria prevista no artigo 8 da Resolución do 28 de outubro de 2021.

7. Proxectos subvencionables

Para o programa de incentivos 6, as actuacións subvencionables inclúen as tecnoloxías solar térmica, biomasa, xeotermia, hidrotermia ou aerotermia (excluíndo as tecnoloxías aire-aire) para climatización e/ou auga quente sanitaria nas vivendas.

As instalacións realizadas deberán cumprir, cando corresponda, cos requisitos establecidos no RITE así como calquera outra normativa que sexa de aplicación. No caso das bombas de calor accionadas electricamente deberán ter un SPF superior a 2,5.

Todas as instalacións, excepto a tipoloxía de Biomasa aparatos de calefacción local, deberán contar cun sistema de monitoraxe da enerxía eléctrica ou térmica producida pola instalación obxecto de subvención.

No caso de instalacións de biomasa, se deberá lograr unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro de polo menos un 80%.

Ademais nas actuacións que inclúan aparatos de calefacción local ou caldeiras de menos de 1MW: 
-    deberá presentarse acreditación por parte do fabricante do cumprimento dos requisitos de eficiencia enerxética estacional e emisións do equipo tal e como se indica no RD477/2021. 
-    adicionalmente o beneficiario manterá un rexistro documental durante un prazo de 5 anos, para acreditar que o combustible empregado no equipo dispón dun certificado do cumprimento de clase A1 da norma UNE-EN-ISO 17225-2 (pellets de madeira), clase 1 da norma UNE-EN-ISO 17225-4 (estelas de madeira), clase A1 da norma 164003 (ósos de oliva) ou clase A1 da norma 164004 (casca de froitas).

Os aparatos de calefacción local incluídos neste programa deben dispoñer da parte frontal pechada.

8. Intensidades de axuda

As  intensidades de axuda son variables en función da instalación. Calcúlanse en torno a uns valores unitarios constantes (módulos) e a potencia real da instalación en kW.

SECTOR RESIDENCIAL

TECNOLOXÍA 
RENOVABLE
POTENCIA  MÓDULO DE AXUDA 
(€/kW)
VALOR DE AXUDA MÁXIMO 
(€/vivenda)
INSTALACIÓN 
SOLAR TÉRMICA
 P > 400kW  450  550
100kW< P ≤ 400kW 600 780
50kWp < P ≤ 100kW  750 900
P ≤ 50kW 900 1.800
AEROTERMIA (aire-auga) 500 3.000
XEOTERMIA (circuíto pechado) 2.250 13.500
XEOTERMIA (circuíto aberto) ou HIDROTERMIA 1.600 9.000
BIOMASA      CALDEIRAS 250 2.500
APARATOS DE CALEFACCIÓN LOCAL 250 3.000

 

VIVENDAS DE PROPIEDADE PÚBLICA E TERCEIRO SECTOR 

TECNOLOXÍA 
RENOVABLE
POTENCIA  MÓDULO DE AXUDA 
(€/kW)
VALOR DE AXUDA MÁXIMO 
(€/vivenda)
INSTALACIÓN 
SOLAR TÉRMICA
 P > 400kW  650 820 
100kW< P ≤ 400kW 750 950 
50kWp < P ≤ 100kW  850 1.050 
P ≤ 50kW 950 1.850
AEROTERMIA (aire-auga) 650 3.900
XEOTERMIA (circuíto pechado) 2.250 13.500
XEOTERMIA (circuíto aberto) ou HIDROTERMIA 1.700 9.550 
BIOMASA      CALDEIRAS 350 3.500
APARATOS DE CALEFACCIÓN LOCAL 350 4.200

Os valores unitarios máximos aplicables de forma adicional ós presentados nas táboas anteriores: 

ADICIONAIS AXUDAS
CHAN RADIANTE para proxectos que
funcionen ó 100 % con enerxía
renovable (excepto Biomasa) 
600 €/kW (límite máximo de 3.600 €)
RADIADORES DE BAIXA TEMPERATURA
ou VENTILOCONVECTORES para
proxectos que funcionen ó 100 % con
enerxía renovable (excepto Biomasa)
550 €/kW (límite máximo de 1.830 €)
Desmantelamento de instalacións existentes Para solar térmica: 35 €/kW (límite máximo de 385 €)
Para biomasa: 40 €/kW (límite máximo de 480 €)

9. Modelos de documentos

- Documentación de Representación (Anexo IV)
- Renuncia (Anexo V)
- Solicitude de modificación do proxecto (Anexo VI). 
- Solicitude de pago (Anexo VII). 
- Memoria técnica Biomasa segundo modelo do Inega
- Memoria técnica Bombas de Calor (aerotermia, xeotermia e hidrotermia) segundo modelo do Inega
- Memoria técnica Solar Térmica segundo modelo do Inega
- Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar dano significativo_Modelo IDAE [Versión 2]. 
- Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar dano significativo para Biomasa_modelo IDAE [Versión 2]
- Declaración de compromiso, de cesión e tratamento de datos e de ausencia de conflito (Anexo VIII)
- Informe para aquelas instalacións que superen os 100 kW de potencia_modelo IDAE [Versión 2] 
- Declaración responsable da redución de emisións de GEI de polo menos un 80% en instalacións de Biomasa
- Memoria de xustificación da redución de emisións de GEI de polo menos un 80% en instalacións de Biomasa
- Informe xustificativo [Versión 2]
- Carteis publicitarios
- Memoria xustificativa publicidade.

10. Información adicional

Pódese obter máis información a través dos seguintes medios:

- Na páxina web do Inega www.inega.gal e no correo electrónico inega.info [at] xunta.gal (inega[dot]info[at]xunta[dot]gal)

- Nos teléfonos: 981 569 668 / 981 541 508 / 981 541 506 / 981 541 566

- Resposta a preguntas frecuentes do IDAE

- Manual de imaxe

- Documento explicativo da redución de emisións de GEI de polo menos un 80% en instalacións de Biomasa.

Últimas axudas

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2024 PARA PROXECTOS DE INFRAESTRUCTURAS DE ALMACENAMENTO ENERXÉTICO

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN425A

Frechas enlace Frechas enlace

Programa MOVES III - incentivos á mobilidade eléctrica

Calendario Calendario
Inicio:
Calendario Calendario
Fin:

IN421Q, IN421R

Frechas enlace Frechas enlace